Compostela, 22 de xullo do 2018 – Representando a Pontevedra, o cociñeiro Rubén González Vallejo, de El Cafetín, gañou a cuarta edición do certame De Tapas por Galicia, tras competir na Gala Show Cooking organizada por Turismo de Galicia e celebrada en Santiago.

O xurado profesional, formado por cinco profesionais relacionados co turismo e a gastronomía, considerou que o petisco de Rubén Vallejo, Vieira afumada carballolaurel sobre arroz de algas, foi o mellor das sete propostas elaboradas polos chefs finalistas, gañadores dos concursos locais de tapas das sete cidades galegas.

O responsable de El Cafetín de Pontevedra convértese, así, no Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia 2018. Vallejo fíxose tamén co Premio do Xurado Popular, ao ser o máis votado polo público asistente, integrado por expertos do sector, asociacións, xornalistas e blogueiros, e que valorou tanto a presentación como o sabor de cada unha das receitas. Os votos do público situaron en segundo lugar a tapa de Alejandro Martínez Lázare, de Lugo (Arrozaría Os Cachivaches) e, en terceiro posto, a de Rafael Pérez Iglesias, de Vigo (La Carpintería).

Rubén Valleo e Nava Castro

A Gala Show Cooking De Tapas por Galicia forma parte das accións de Turismo de Galicia para a difusión da creatividade dos cociñeiros galegos como elemento de promoción do turismo urbano. Conducida pola presentadora María Cheda, contou coa presenza da conselleira do Mar, Rosa Quintana, que pechou o acto, da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, encargada de inaugurala, e da directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo. No evento, os cociñeiros participantes remataron a elaboración dos seus pratos en directo, explicando o seu proceso de creación.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou que De tapas por Galicia permite coñecer de preto o talento galego e as novas tendencias culinarias e é un escaparate da riqueza gastronómica de Galicia. Así mesmo, indicou que o tapeo aposta por potenciar as singularidades identitarias galegas e que combina á perfección os sabores tradicionais e as novas elaboracións.

Mesa do xurado profesional

Pola súa banda, Nava Castro salientou o crecente papel da enogastronomía na estratexia turística galega e puxo en valor o gran potencial de Galicia neste eido, representado nas súas máis de 300 festas gastronómicas, cinco delas co recoñecemento de Interese Turístico Nacional, así como os 11 restaurantes Estrella Michelín ou os 37 Soles Repsol.

A responsable de Turismo da Xunta referiuse ao comportamento turístico dos últimos anos, no que a Comunidade medra en calidade, e destacou que a enogastronomía está a ter moito que ver coa prolongación da estadía media dos turistas en Galicia, que nos cinco primeiros meses do ano subiu por riba da media española.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies