займ срочно

Running de STE Xeito en Melide

0

Melide, 14 de abril do 2021 – Ste Xeito Producións presenta, este domingo 18, a comedia Running no concello de Melide.

A obra comezará as sete da tarde no Centro Socio Cultural Mingos de Pita. Aínda que o acceso é de balde hai que inscribirse no mail reservasculturais@concellomelide ou no teléfono 981505003 – ext:2122.

 Running sitúa en escena a unha actriz e un actor que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todas as personaxes desta vertixinosa comedia. “Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro WhatsApp non tarda en chegar: “¿Quedamos? Veña, ¡si! ¿Pero cando?” Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido. Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.”

En Running a dirección corre a cargo de Esther F. Carrodeguas e os actores son Sergio Macías e Sthepy Llaryora. Os dous actores asumen ademais a interpretación de ata 20 papeis das dúas familias, ou de persoaxes da televisión e entrevistadores.

Unha vertixinosa peza cómica que acaba sendo unha parodia do mundo actual.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies