Este domingo celébrase a II Ruta BTT Filloa da Pedra da Baña

0

A Baña, 20 de marzo do 2018 – A II Ruta BTT Filloa da Pedra da Baña dispútase este domingo pola contorna do concello despois de que fora aprazada, xunto coa festa, polas previsións de mal tempo.

Máis de 70 ciclistas chegados de toda Galicia participarán en esta segunda Ruta BTT Filloa da Pedra, organizada polo Concello da Baña en colaboración co Club Ciclista Negreira. O éxito da primeira edición, celebrada o ano pasado, fai augurar unha xornada de deporte, esforzo e diversión nun percorrido que pasa por fermosas paisaxes e lugares de gran valor natural.

Os participantes sairán do campo de fútbol municipal ás dez da mañá para facer un dos dous percorridos propostos pola organización. O primeiro consta duns 32 quilómetros, mentres que o máis longo chega aos 42, pasando por pistas forestais que presentan unha dificultade técnica media. Poden participar ciclistas maiores de 15 anos, estean federados ou non; neste último caso tramitarase coa Federación Galega de Ciclismo unha licenza dun día para cubrir o seguro de accidentes e responsabilidade civil. Ao longo da xornada, os ciclistas atoparán puntos de avituallamento no quilómetro 20 (sólido e líquido) e no 30 (unicamente líquido). A chegada será no mesmo punto da saída.

O prazo de inscrición remata o xoves 22 de marzo. Para participar hai que cubrir o formulario habilitado ao efecto na páxina web municipal (www.concellodabana.gal) e aboar unha cota de 5€ (máis 10€ para a licenza temporal para os non federados) nalgunha das dúas contas bancarias indicadas no regulamento, que está publicado na web.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies