Mañá comezan as rutas Carlos Casares en Compostela

0

Compostela, 14 de maio do 2017 – Compostela pon en marcha as rutas guiadas Carlos Casares que mostrarán a relación do escritor coa cidade.

Ao longo de esta semana terá lugar unha ruta cada día excepto o mércores que se celebrarán dúas. Trátase dunha oportunidade única para coñecer a relación de Carlos Casares, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, con Santiago de Compostela.

O comezo desta relación ten lugar cando Carlos Casares chega á cidade en 1962, con vinte e un anos, para estudar Filoloxía Románica na Facultade de Filosofía e Letras. Precisamente a actual facultade de Filosofía e Letras, situada na Praza de Mazarelos, será o lugar onde se inicie este paseo no que, durante unha hora e media aproximadamente, coñecerase a súa vida e a súa obra a través dos lugares que o vincularon a Compostela. Durante o percorrido farase fincapé na súa etapa de estudante, na época de parlamentario, no seu labor na presidencia do Consello da Cultura Galega ou nos aspectos máis salientables que vinculan a súa obra coa cidade de Compostela.

O labor de guía desta ruta será realizado por MaOs Innovación Social, S. Coop. Galega, responsable da organización e execución dos paseos Compostela (des)crita e As Irmandades da Fala en Compostela que tiveron lugar durante os meses do verán de 2016.

Todos os percorridos parten da Praza de Mazarelos as 19.30 horas, excepto o mércores que sairá a primeira as cinco da tarde e a segunda as oito.

As rutas son de balde pero é preciso inscribirse en info@auditoriodegalicia.org poñendo na mensaxe o día e a hora elixidos.

As rutas terán unha duración dunha hora e teñen un número límite de participantes de 30.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial