A S. D. Tordoia gaña o IV Torneo de Fútbol Base A Baña

0

A Baña, 19 de setembro do 2017 – A S. D. Tordoia alzouse co título do IV Torneo de Fútbol Base A Baña celebrado esta pasada fin de semana no Campo de Fútbol de Cartas ao vencer na final a S. D. A Baña na categoría alevín por 2-0, e na de categoría benxamín, ao Xallas C.F. por 2-1.

O torneo, organizado conxuntamente pola concellaría de Deportes do Concello da Baña e a S.D. A Baña Fútbol Base, contou sobre o terreo de xogo con 170 rapaces pertencentes aos equipos das categorías alevín e benxamín da S.D. A Baña, Milladoiro S.D., Xallas C.F., S.D. Cacheiras, S.D Dubra, A.D. Nicrariense e S. D. Tordoia.

O torneo de fútbol 8 comezaba ás nove da mañá coa presentación das alineacións e finalizaba pasadas as nove da noite, hora na que a organización fixo entrega dos trofeos. Deportividade, compañeirismo e convivencia foron as máximas que rexeron ao longo da xornada cun protagonista único: o fútbol base.

Na categoría alevín o primeiro posto foi para a S. D. Tordoia e o segundo para S.D. A Baña. O trofeo para o porteiro menos goleado recaeu en Alfredo Martínez, e o trofeo ao máximo goleador nesta categoría foi para Hugo Fuentes Márquez, do Milladoiro S.D.

Na categoría benxamín, o campión foi a S.D. Tordoia, e o subcampión do torneo o Xallas C.F. O trofeo ao porteiro menos goleado recaeu en Anxo Domínguez, da S.D. Tordoia, e o trofeo ao máximo goleador foi para Alberto do Xallas C.F.

Durante a entrega de trofeos, o concelleiro de Deportes, Manuel Tourís, valorou positivamente esta pequena festa do fútbol base e felicitou ás agrupacións participantes polo seu bo xogo. Tourís tamén quixo resaltar a deportividade e o excelente comportamento dos equipos. “Quero aproveitar para felicitar aos gañadores do torneo e felicitar tamén a todos os xogadores de todos os equipos pola deportividade que amosaron sobre o terreo de xogo e polo seu bo comportamento. Tamén dar as grazas aos adestradores, ás familias, aos patrocinadores do torneo e a todas aquelas persoas que colaboraron coa organización e que contribuíron a facer deste torneo unha pequena festa do fútbol base”.

De mans de representantes da S. D. A Baña Fútbol Base, o concelleiro de Deportes recibiu un agasallo en agradecemento a súa implicación, apoio e promoción do deporte en xeral no concello, e do fútbol base, en particular.

Dende o Concello obsequiouse a todos os xogadores que participaron no torneo cunha mochila de tea na que se incluíu no seu interior un pequeno avituallamento (batidos de Feiraco, chocolatinas…).

Ademais do concelleiro de Deportes estiveron presentes na entrega de premios representantes da S.D. A Baña Fútbol Base e de Talleres Motrío (Val do Dubra) e Baleato Ocasión (Santa Comba).

O IV Torneo de Fútbol Base A Baña, organizado polo Concello e a S.D. A Baña contou coa colaboración da Deputación de A Coruña, Motrío y Baleato Ocasión Santa Comba, as panaderías Xallas e O Barro, Deportes Alvite, Sabora, Distribuciones Fajín Lama S.L. e Gráficas Esteiros.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies