Saber Comprar

0
Xosé Marcial Díaz Manso É enxeñeiro agrónomo, zootecnista e traballa no Instituto de Estudos do Territorio. Naceu en A Bola, Ourense. Vive en Ames desde fai 20 anos.

Xosé Marcial Díaz Manso
É enxeñeiro agrónomo, zootecnista e traballa no Instituto de Estudos do Territorio. Naceu en A Bola, Ourense. Vive en Ames desde fai 20 anos.

Cando Rodríguez Castelao no ano 31 estaba expoñendo nas Cortes a súa histórica defensa do idioma galego, _… y ladró el perro y noté que el perro ladraba como nuestros perros, y entonces surgió en mi imaginación esta gran verdad: los pobres animales aún están en el lenguaje universal …_, non podía nin imaxinar o inxusto futuro que lle esperaba a un dos seus mellores amigos.

Anos despois, na década dos 70 do século pasado empezouse a expallar polo mundo un coñecemento que ía afectar fondamente os sistemas tradicionais de relación do home ca terra e cos animais. Déuselle en chamar a Revolución Verde. Foi impulsada desde os EEUU polo audaz enxeñeiro agrónomo Norman Borlaug que motivado pola suposta baixa produción agrícola dos métodos tradicionais pretendía erradicar a fame nos países subdesenvolvidos incrementando a produtividade agrícola. Apostaba por variedades melloradas de millo, trigo e arroz, así como por razas de animais de alto rendemento. Propoñía a especialización e o monocultivo empregando grandes cantidades de auga, fertilizantes e pesticidas. Como en todos os movementos innovadores esta revolución tivo, e ten, os seus pros e os seus contras.

can de palleiro14331533649_274f244717_n_r

Pero o que non imaxinaba Alfonso Daniel aquel día en Madrid era que froito dunha superficial interpretación da cultura derivada da Revolución Verde un xenuíno cidadán, un valente defensor do fogar e da facenda, unha das máis entrañables figuras do noso mundo rural estaría en risco de desaparecer. Un xuízo colectivo e sumarísimo ó ía condear. Trátase do noso entrañable can de palleiro. Unha raza concibida para ser bo pastor, fiel gardián, intelixente compañeiro, de carácter forte, reservado cos estraños, valente e mordedor, doce e tranquilo ca xente da casa, cabaliño de tiro pos carros dos nenos. Procedente do tronco indoeuropeo e antepasado dos cans de campesiños de Centro Europa acompañou os pobos atlánticos pre-célticos, os celtas, os suevos, as tribus Quadi e os Marcomanos na súa expansión pola vertente noroccidental da Península Ibérica (Gallaecia).

Pois ben, había que romper e facer conta nova. Non adaptarnos os tempos senón definitivamente asumir o progreso e esquecer o noso atraso secular. Aquel can que os abos foran seleccionando sabiamente para ser parte da familia agora non valía. Era un can mestizo e desprezable. Ladraba no idioma universal si, pero o facía con acento galego. Delito que case lle costa a vida!. (www.clubcandepalleiro.com)

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies