Unha sabotaxe desvía o percorrido do Trail Galaica de Ames

0

Ames, 26 de febreiro do 2018 – A primeira proba do Trail Galaica 2018, disputada onte en Ames, tivo un final inesperado despois de que unha sabotaxe cambiara as marcas do percorrido.

imaxe da saída do Trail Galaica de Ames

Imaxe da saída do Trail Galaica de Ames, Facebook José Miñones

Os participantes no Trail de Ames decidiron entran xuntos na meta como mostra de unión ante un ataque alleo a organización. A sabotaxe consistiu no cambio das marcas do percorrido como nos explica o alcalde José Miñones

Non é a primeira vez que desaparecen marcas en probas de Trail pero en este caso foi unha acción premeditada e pensada que tivo que facerse mentres se daba a saída.

Aínda que se están investigando os feitos será complicado atopar os responsables dado que, como di o alcalde, “ao monte pode ir calquera”

Unha mágoa que unha proba deportiva que chega por terceiro ano a bisbarra, crecendo en participantes e fomentando o coidado e mantemento da natureza teña que sufrir este tipo de ataques. E tarefa de todos non só vixiar, se non tamén educar aos cativos na importancia dos bos comportamentos  e a colaboración en todo tipo de probas deportivas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial