займ срочно

Sabucedo presenta un emotivo cartaz da Rapa das Bestas, adicado ao aloitador falecido  Juan Carlos Monteagudo

0

A Estrada, 26 de maio do 2018 – A Asociación A Rapa das Bestas de Sabucedo vén de presentar o cartaz promocional da edición 2018, que está dedicado a Juan Carlos Monteagudo Bugallo, veciño da parroquia, aloitador e traballador incansable coa eguada do Santo e na organización desta festa e que faleceu o pasado inverno.

O colectivo quere deste xeito renderlle a Juan Carlos Monteagudo unha sentida homenaxe e o máximo recoñecemento pola súa traxectoria en A Rapa das Bestas e, sobre todo, polo seu carácter afable e a súa bondade. “Sempre foi un moi bo veciño e unha mellor persoa e amigo”, detallou o presidente da entidade, Henrique Bazal.

A imaxe promocional, que se difundirá por medio mundo durante as vindeiras seis semanas ata a celebración desta secular tradición, foi tomada polo fotógrafo estradense Javier Lalín Valcárcel (1976) durante a solta das bestas celebrada na tarde do luns da edición do ano 2002. Trátase dunha espectacular instantánea realizada na pista de baixada do telecluble na que Juan Carlos Monteagudo contén coa súa presenza ás preto de 400 bestas que acudiron ese ano ata a aldea.

Bazal admitiu que esa fotografía “sempre chamou a atención entre moitos membros da entidade pola súa singularidade” e explicou que este ano decidiuse de xeito unánime entre toda a veciñanza de Sabucedo que fose o cartaz promocional “por unha cuestión simbólica e sentimental, aparte da incuestionable beleza da imaxe, xa que Juan sempre quixo, defendeu e traballou sen desmaio pola Rapa, aparte de ser unha gran persoa, polo que o mínimo que podíamos facer era renderlle esta merecida lembranza”.

Exposición en Portugal

Por outra banda, as actividades en torno á Rapa das Bestas 2018 seguen a intensificarse a medida que se achega o 6 de xullo, que será a súa data de inicio este ano. Así, o fotógrafo Luis Vázquez, de Curiara Photography, inaugura hoxe, ás 18.00 horas, a exposición “Cabalos do Vento”, realizada en Sabucedo, na Leica Store de Porto. Estará acompañado por representantes de Rapa das Bestas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies