займ срочно

Sabucedo presenta o MUSA, Muiñada, Magosto e Samaín

0

A Estrada, 29 de outubro do 2018 – A Asociación A Rapa das Bestas e a Asociación de Veciños de Sabucedo veñen de presentar a cuarta edición do MUSA, Muiñada, Magosto e Samaín, no que se reivindicará o mundo rural, o medio ambiente e as tradicións.

O MUSA foi creado en 2015 e consolidado no calendario de festas de outono. Celebrarase o vindeiro sábado, 3 de novembro, cunha ducia de actividades.

Rapa das Bestas e a asociación veciñal estiman que o MUSA “serve para demostrar a nosa aposta e cariño polo medio rural e pola dignificación e dinamismo da vida na aldea e no interior galego” e tamén apelarán, nesta edición, aos valores do medio ambiente e a natureza amosando a firme oposición ao proxecto de construción dun parque eólico nos montes da zona onde viven en liberdade os cabalos do Santo.

Así mesmo, tamén queren poñer en valor a natureza da contorna e o turismo, polo cal repetirase a habitualmente concorrida ruta de Sabucedo, e as tradicións propias de Galicia en torno ao Samaín, as muiñadas ou a Santa Compaña.

Precisamente por iso, o acto de presentación, ao que acudiron un bo número de membros da asociación veciñal e de Rapa das Bestas, celebrouse no Muíño e Serradoiro do Mestre. Os representantes de Sabucedo cren que a cita está plenamente consolidada e agardan que se supere o medio milleiro de asistentes da pasada edición.

Polo demais, durante a xornada haberá un xantar popular con produtos da Terra de Montes nas inmediacións do muíño e do río que xa ten os seus convites á venda a un prezo de 17 euros de xeito anticipado ou 19 –10 para os nenos– no mesmo día. As reservas poden facerse nos teléfonos 659 908 745 ou 684 126 649. Tamén haberá polbo á feira a un prezo de 10 euros.

Programa de actividades

10.30.-Ruta de Sabucedo (10 quilómetros)

12.00.-Apertura do Mercado de Outono

13.00.-Xuntanza e visita guiada do Muíño do Mestre e inicio dos obradoiros de pan e filloas

13.30.-Aperitivo con Airiños de Caldelas e xantar con produtos da Terra de Montes

16.30.-Obradoiros de pan, filloas e setas

17.00.-Presentación da longametraxe documental “Rapa”

17.30.-Obradoiro do Samaín

18.00.-Mostra-degustación de cociña de outono con Jaume García, conxuro da queimada e serán con

Ghalos de Curral

19.30.-Saída da Santa Compaña

20.30.-Noite do Samaín e magosto no teleclube

22.30.-Actuación da murga PTV

23.30.-Concerto de Raúl e Cía.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies