Sae a licitación o cambio de cuberta do CEIP Martagona de Melide

0

Melide, 13 de xuño do 2019 –  A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia investirá 95.000 euros no cambio de cuberta do CEIP Martagona, deteriorada polo paso do tempo.

Despois de varias xestións do actual equipo de goberno xunto co xefe territorial da Consellería de área, Indalecio Cabana, o cambio de cuberta do CEIP da Martagona saía publicada na plataforma de Contratos Públicos de Galicia a licitación da obra. Os traballos  que se realizarán neste centro educativo consistirán no cambio da cuberta de todo o edificio así como tamén  de dous dos lucernarios cos que conta a instalación.

A alcaldesa en funcións, Dalia García, agradece unha vez máis que a Consellería de Educación a través da súa xefatura territorial teña men conta as demandas que se realizan dende o CEIP que “sen dúbida repercutirán na mellora e na eficiencia enerxética da infraestrutura coa renovación da cuberta”.

Nos últimos anos, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional leva investido nos centros educativos de primaria e no IES de Melide máis de 230.000 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial