займ срочно

Saída micolóxica en Ames

0

Ames, 8 de novembro do 2018 –  A Aula da Natureza de Ames organiza para este sábado, 10 de novembro, a segunda saída micolóxica das tres programadas para este outono.

A saída micolóxica será dirixida pola experta Sira López. Para participar nesta actividade, que conta con un número limitado de prazas, é necesario inscribirse antes das 14.00 horas deste venres enviando o impreso de inscrición ao enderezo de correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal. Para obter máis información, pódese chamar ao número de teléfono 660 00 46 65, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Debido á previsión de chuvia para esta fin de semana, a saída terá lugar polas carballeiras, prados e a ribeira do lugar de Quintáns, pertencente á parroquia da Ameixenda (polos arredores do edificio da Aula da Natureza) o que facilitará que a xornada transcorra con maior comodidade. Das 11.00 ás 17.30h, os participantes poderán ver, identificar e clasificar o maior número de exemplares posible, facendo unha parada para comer. Cada participante terá que levar a súa comida da casa. Tanto para o traxecto de ida como de volta, habilitarase un autobús que conecte O Milladoiro e Bertamiráns coa Aula da Natureza e que sairá ás 10.30h da Casa da Cultura do Milladoiro, e pasará pola praza do Concello de Bertamiráns 15 minutos despois. Xa pola tarde, outro autobús sairá da Aula da Natureza ás 17.30h para deixar aos participantes en ambas localidades.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies