Salvador Sobral interpretará “Amar pelos dois” acompañado ao piano por Abe Rábade na Gala aRitmar 2018

0

Compostela, 27 de outubro do 2018 –  A Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela organiza a III Gala aRitmar que se celebrará este mércores 31 de outubro ás 21:00 horas no Auditorio de Galiza e que contará coa participación de artistas e entidades gañadoras: Salvador Sobral, A Banda da Loba, Alexandre Brea, Lois Pérez e Convergências Portugal–Galiza. Música, poesía e videocreación daranse a man neste evento presentado por Carlos Meixide e Iria Pinheiro que conta coa colaboración da Xunta, Deputación da Coruña, Concello de Santiago de Compostela e Instituto Camôes.

Salvador Sobral actuará acompañado polo pianista Abe Rábade, que interpretarán a coñecida “Amar pelos dois” entre outros temas do seu repertorio. Após a triunfante vitoria en Kiev, Salvador Sobral tornouse nun dos músicos mais desexados do público portugués e internacional, ademais de conseguir recentemente o EBBA Award, que distingue músicos emerxentes na escena artística europea. “Amar Pelos Dois”, com a que venceu o Eurovision Song Contest 2017 coa máxima puntuación do certame é na actualidade unha das cancións máis ouvídas en toda Europa.

Portugal 2017 – Final Dress Rehearsal By Roger Dewayne Barkley, EuroVisionary 

A Banda da Loba está integrada por cinco mulleres, Xiana Lastra (voz), Estela Rodríguez (violín), Andrea Porto (guitarra e baixo), Inés Mirás (guitarra e teclado) e Marcela Porto (percusión). Destaca a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres ou doutros textos tomados dos poemarios de escritoras contemporáneas. Todo isto, baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk… e fai do seu repertorio un fantástico caleidoscopio musical. Presentarán o seu primeiro traballo discográfico “Bailando as rúas”.

No apartado da poesía, os gañadores foron Lois Pérez, con “Blues do rei Bergman = B.B. King”; e Alexandre Brea, con “Com o ritmo da chuva”. Lois Pérez é mestre e contador de historias; o centro da súa actividade artística é a narración oral e a escrita. Alexandre Brea  participou nas obras poéticas “Além do silêncio”, “Galiza e Moçambique numa linguagem e numa sinfonía” e no “Livro Homenagem a Manuel Maria”, así como en numerosos recitais.

Na gala entregarase tamén o premio Embaixada Galego-Portuguesa a Convergências, que desenvolven a súa actividade para homenaxear dúas figuras importantes das letras e da música galaico-portuguesa: Rosalía de Castro e José Afonso. Os textos deles tórnanse protagonistas e son divulgados cada penúltima semana de febreiro.

aRitmar galiza e portugal é unha iniciativa da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, que ten por obxectivo dar a coñecer e difundir a poesía e a música editada en Galiza e en Portugal, así como achegar a cultura e a lingua dos dous países, no marco das accións de desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía.

O certame consta de catro categorías: mellor tema musical galego, mellor tema musical portugués, mellor poema galego e mellor poema portugués. A escolla foi feita polo público xeral, galego e portugués, entre 10 poemas e cancións finalistas seleccionadas polo xurado do certame. A entrada do evento é libre e gratuíta até completar a capacidade da sala, previa retirada de billetes na Escola Oficial de Idiomas e no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Tamén no Auditorio da Galiza 3 horas antes do comezo da gala.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial