San Caralampio cumpre en Melide 72 anos de celebracións

0

Melide, 8 de setembro do 2018 – Este domingo Melide volve a celebrar a festa do San Caralampio, toda unha tradición que chega en esta ocasión aos 72 anos de existencia.

Nos primeiros anos a festa era coñecida como “a dos borrachos” xa que San Caralampio foi según a lenda un mártir grego que elixiu morrer afogado nunca barrica de viño. A celebración en Melide foi iniciada hai 72 anos polo médico santiagués Alberte Lafuente coa colaboración da veciñanza da vila. Desde aquela o casco vello énchese de charagas, grupos de música folk e xente disposta a pasalo ben cada segundo domingo de setembro.

A celebración comezará na coñecida praza das Coles, onde terá lugar o concurso de debuxo Alberte La Fuente, que cada ano conta con máis participantes, no que os nenos e nenas poden traballar a súa capacidade creativa no centro neurálxico da festa. Preto do mediodía, nesta mesma praza ofrecerase aos visitantes racións de pementos, pan, cachelos, carneiro, mexilóns… Nesta edición, poñerán banda sonora ao San Caralampio entre outras formacións, a Banda do Peto, os Festicultores, a Charanga Leña Verde ou Batucada de Cariño.

Cando soe a traca, que como ven sendo habitual se instala na praza das coles, darase por rematada a festa. Tanto dende o Concello de Melide como dende a organización da festa, recordan a todos as persoas que asistan que non está permitido tirar o viño uns aos outros e tampouco as fachadas das casas que se atopan no casco vello da vila, apunte importante, para o bo desenrolo da xornada.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial