San Cidre en Boqueixón e San Isidro en Ames, festas na fin de semana

0

Bisbarra, 19 de maio do 2018 – A romaría San Cidre, na parroquia de Oural en Boqueixón, e O San Isidro de Bugallido, en Ames, festas para mañá domingo na bisbarra.

San Cidre

A parroquia boqueixonesa de Oural celebra esta fin de semana a Romería do San Cidre. A cita ineludible será mañá co tradicional Desfile de Carrozas, que chega este ano a súa 45 edición. Hoxe sábado, festa na honra da nosa Señora do Rosario, haberá unha misa solemne ás 13.00 horas. A noite estará amenizada polas orquestras Panamá e Ciclón.

Mañá comezarán os actos cunha misa solemne ás 12.00 horas. A continuación, celebrarase a 45 edición do desfile de carrozas. Nesta ocasión, serán seis construcións elaboradas pola veciñanza as participantes no certame. A saída do desfile está prevista dende Camporrapado para despois trasladarse ao campo da festa. A música de Os Festicultores acompañará o desfile. No propio campo da festa ofrecerase unha gran degustación de viño e pinchos que acompañará o pregón desta celebración. Ademais, haberá carpa e pulpeira.

O pregón correrá a cargo de Víctor Fábregas, coñecido por ter formado parte dos Tonechos. O grupo de gaitas Colexiata do Sar e mais o trío musical Máster porán os ritmos á sesión vermú. A Romería do San Cidre finalizará coa actuación de Os Festicultores e Máster a partires das 17.30 horas.

San Isidro

A Asociación Cultural A Mahía e Sociedade Agraria organizan para este domingo, 20 de maio, a romaría de San Isidro

A romaría de San Isidro dará comezo ás 12:00 horas, coa inauguración do mercado de produtos de tempada e apeiros agrícolas e da mostra e realización de obradoiros de xogos populares para crianzas. Posteriormente, ás 12:30 horas, terá lugar unha misa cantada da man da Coral Polifónica de Bugallido. O grupo de gaitas Os Castros será o encargado de guiar a procesión que se realizará unha vez finalice a misa.

Ás 14:00 horas comezará o xantar popular coa degustación de empanada e viño e coa celebración da XV Degustación de callos. O xantar, no que estará a Pulpería García, será dinamizado pola charanga “Tíralle do aire”. A partir das 15:00 horas e ata as 17:00h, haberá inchables gratuítos para as máis pequenas e pequenos.

O campionato de chave desenvolverase a partir das 17:00 horas. O torneo contará con premios para as tres mellores parellas: un premio de dous xamóns para a primeira clasificada, dúas botellas de mencía para a segunda e dous trofeos para a terceira. Neste campionato poderán apuntarse todas aquelas veciñas e veciños que así o desexen.

Finalmente, ás 17:30 horas, celebrarase o certame de baile e música tradicional, no que participarán o grupo de gaitas Os Castros, as pandereteiras de Bugallido, as pandereteiras da Costaneira e a Agrupación Paseo de Colón.

Así mesmo, ao longo da xornada, haberá unha exposición do centenario da Sociedade Agraria de Bugallido, Ortoño e Biduído. A exposición estará conformada por instrumentos, apeiros de labranza e louza que transmitirán a historia da sociedade ao longo de 100 anos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies