займ срочно

San Julián de Bastavales, as campás de Rosalía

0

As campás de Bastavales acabaron por ser as protagonistas dun conxunto patrimonial dos máis fermosos da bisbarra. Rosalía inmortalizou en 1863, no poemario cantares Gallegos, unha pequena parte de San Julián.

San Julián de Bastavales, as campás de Rosalía

Imaxe antiga de San Julián de Bastavales, incluída no libro Brión en fotos editado polo concello de Brión coa colaboración da Asociación O Esquío no Piñeiro e da Xunta de Galicia

A igrexa de San Julián de Bastavales, en Brión, data do século XVII e foi construída sobre un antigo templo románico e rematada en 1772. Tras ela atopamos outra capela máis pequena, a do Carmen, construída en 1707 e de estilo barroco.

San Julián de Bastavales, as campás de Rosalía

Igrexa de San Julián

San Julián de Bastavales, as campás de Rosalía

Capela do Carme

Os dous edificios acollen interesantes retablos e imaxes que mercerían unha mellor conservación. Acompáñanos na visita o párroco, Jesús, un home amable, que se fixo cargo hai pouco máis dun ano de este lugar, que está na procura de recursos da administración que permitan mellorar o estado xeral do conxunto.

San Julián de Bastavales, as campás de Rosalía

interior da igrexa de san Julián

San Julián de Bastavales, as campás de Rosalía

Interior da ingrexa de San Julián

Unha das particularidades do Santuario principal é a súa orientación cara occidente, cando a maioría das igrexas miran a oriente, coa finalidade de mirar para a Catedral de Santiago.

San Julián de Bastavales, as campás de Rosalía San Julián de Bastavales, as campás de RosalíaFoi en 1827 cando se ergueu a torre principal que acolle as famosas campás. Foron fundidas polo mestre Felipe Blanco Paz no 1828. A empresa Ocampo, á que pertencía este artesán, leva 400 anos dedicándose a esta labor. Na súa web dinnos que son os únicos de toda España que seguen hoxe en día facendo este traballo dun xeito enteiramente manual.  

San Julián de Bastavales, as campás de Rosalía

Non son as únicas campás famosas que fundiron xa que a finais do século XVII construíron as de San Fiz de Anllóns, en Ponteceso, que inspiraron a Pondal, autor do Himno Galego, no poema Campana de Anllóns.

San Julián de Bastavales, ou Bastabales como escribía Rosalía, merece unha visita aínda que non tivera as campás. O conxunto acolle, ademais das igrexas, varios cruceiros, a fonte do Carme e un atrio desde o que se divisa o val da Maía. Un lugar no que pasear sen presa e agardar a que soen as campás, nas horas, nas medias, a unha e ao solpor,  e poder dicir como Rosalía

Cando vos oio tocar,           

campaniñas, campaniñas,               

sin querer torno a chorar.                

Cando de lonxe vos oio,               

penso que por min chamades,                 

e das entrañas me doio.

San Julián de Bastavales, as campás de Rosalía

Fonte do Carme

San Julián de Bastavales, as campás de Rosalía

Vista da torre de San Julián desde o campanario da Capela do Carme

San Julián de Bastavales, as campás de Rosalía

Retablo da Capela do Carme

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies