O San Xoán de Compostela estará en Mazarelos

0

Compostela, 22 de maio do 2018 – A concelleira de Turismo, Marta Lois, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, presentaron as liñas mestras da terceira edición do programa festivo do San Xoán na cidade, que se celebrará a fin de semana do 22 ao 24 de xuño na praza de Mazarelos.

O obxectivo deste festival é aproveitar a gran tradición que teñen as festas de San Xoán na cidade, con multitude de cacharelas por todo o termo municipal e unha implicación veciñal moi importante, e así potenciar o seu atractivo turístico, tanto para o mercado doméstico coma internacional.

O evento arrincará a tarde do venres 22, completando a programación que artellarán para o día de San Xoán os distintos colectivos, barrios e asociacións da cidade, enriquecéndoa con accións que se prolongarán ata o domingo 24 para festexar a chegada dos días máis longos do ano.

A praza de Mazarelos, como nas dúas edicións anteriores, será o punto central do evento. Instalarase un mercado tradicional, unha área gastronómica para disfrutar dos produtos típicos desta arraigada festa, concertos e clases de baile tradicional e un espazo para os máis cativos. Ademais, celebraranse actividades e obradoiros interxeracionais para a posta en valor das tradicións de San Xoán.

Na tarde e na noite do 23, o tren turístico circulará de novo de balde para fomentar a mobilidade entre as cacharelas da cidade, tanto da veciñanza de Santiago como de turistas e visitantes. O tren turístico sairá ás horas en punto dende o CGAC con paradas na avenida de Castelao, Burgo das Nacións, carballeira de San Lourenzo e avenida de Xoán Carlos I.

O evento rematará na noite do domingo 24 cun obradoiro de elaboración de queimada, un concerto de música tradicional e, finalmente un, conxuro con degustación de queimada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial