займ срочно

San Xusto de Toxosoutos, durmir arrolado pola auga

0

Lousame, 24 de setembro do 2020 – A bisbarra ten un número ilimitado de lugares por descubrir. Algúns deles permiten vivir unha experiencia única, é o caso de San Xusto de Toxosoutos.

Ao carón do río San Xusto existía no século XII unha ermida da que naceu o mosteiro. En torno a 1129 dous cabaleiros deixaron a vida de xustas para facerse benedictinos recolléndose en este lugar. Os seus contactos na corte de Alfonso VII, e a boa relación co Arcebispo Xelmirez, permitiu o crecemento rápido do Mosteiro de San Xusto de Toxosoutos. O esplendor duraría máis de douscentos anos ata que no XIV as presións de moitos sectores por facerse coas riquezas do lugar acabou por convertelo nun anexionado ao Mosteiro de Sobrado dos Monxes.

Tedes toda a información sobre o Mosteiro e como alugar na súa web

O pasado mes de marzo, xusto antes de que todo mudara, o concello abriu o Mosteiro reformado como espazo de Turismo Rural. A empresa Kairos é a concesionaria polo que falamos cun dos seus responsables, Miguel García, que nos conta que traballan en distintos ámbitos e estaban na procura da xestión dun equipamento, cando viron o Mosteiro de Toxosoutos ficaron namorados

Cando pensaron na xestión do espazo pensaron tamén nun festival que lle dera sona e o puxera en valor. O que estaba pensado para varios días tivo que mudar pola crise sanitaria

En esa etapa anterior a “nova normalidade” nacía Fervenza Sonora. Un festival que aproveitara o turismo rural para ofrecer unha experiencia distinta. En esta primeira edición iso terá que esperar pero é algo que está previsto nos vindeiros anos

Ao longo dun ano estiveron repasando os pequenos desperfecto que, sobre todo debido a humidade, acumulaba. O que é prexudicial para un espazo catalogado Ben de Interés Cultural en canto a mantemento, é un luxo cando un decide aloxarse. A auga é un dos principais tesouros de Toxosoutos

Actualización: 25/09/2020 – O concerto de Los Secretos previsto para o sábado 26 suspéndese pola mala previsión metereolóxica.

Los Secretos protagonizan a primeira edición dun festival que se presta para un formato íntimo, en acústico

A cita comezará as sete da tarde, buscando rematar un día co mellor estado de ánimo e disfrutando de música e natureza a partes iguais. Xa sexa para durmir, para visitar ou, en esta ou en vindeiras edicións, disfrutar da música en directo Toxosoutos é unha visita obrigada na bisbarra.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies