Sánchez Bugallo presentará un novo orzamento en xullo

0

Compostela, 18 de xuño do 2018 – O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presentou en rolda de prensa a distribución das áreas de goberno. Anticipou ademais que en xullo levará a pleno un novo orzamento que espera sexa aprobado.

A non aprobación polo pleno do presuposto de Compostela Aberta deixou sen consignación obras como a pasarela da Intermodal ou o arranxo das entradas do Camiño de Santiago. Bugallo quere agora resolver esa cuestión con este novo orzamento

O novo alcalde espera un voto positivo de Compostela Aberta ou polo menos unha abstención

Monteagudo seguirá defendendo cuestións nos xulgados

Xaquín Monteagudo aceptou a petición de Bugallo de seguir levando nos xulgados temas como o da ora ou a municipalización da auga, a única condición que puxo foi non cobrar nada

Reparto de áreas

Poucas novidades en canto o reparto de carteiras do novo goberno. O obxectivo, según Sánchez Bugallo, é o de “ofrecer un proxecto coherente e recoñecible á cidade”. Os concelleiros asumirán as seguintes áreas

– Mercedes Rosón Ferreiro, concelleira de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural. Primeira tenente de alcalde.

– Gumersindo Guinarte Cabada, concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo. Delegado do Ano Santo 2021. Segundo tenente de alcalde.

– María Milagros Castro Sánchez, concelleira Políticas Sociais, Saúde, Medio Ambiente, Parques e Xardíns. Terceira tenente de alcalde.

– Gonzalo Muíños Sánchez, concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Festas. Cuarto tenente de alcalde.

– Marta Abal Rodríguez, concelleira de Economía, Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local. Quinta tenente de alcalde.

– José Manuel Pichel Patiño, concelleiro de Medio Rural.

– Noa Susana Díaz Varela, concelleira de Educación, Mocidade, Igualdade e Políticas Lingüísticas.

– José Javier Fernández Martínez, concelleiro de Centros Socioculturais, Barrios e Obras.

– María Esther Pedrosa Carrete, concelleira de Deportes e Benestar Animal.

A Xunta de Goberno Local estará integrada por: Mercedes Rosón, Gumersindo Guinarte, Mila Castro, Gonzalo Muíños, Marta Abal, José Manuel Pichel, Noa Díaz e José Javier Fernández. As sesión celebraranse os luns. O alcalde exercerá de voceiro da Xunta de Goberno e Gumersido Guinarte de secretario.

O alcalde resérvase para si mesmo as competencias no ámbito do desenvolvemento económico, que inclúen as áreas de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Mercados. A este respecto, indicou que é unha área que lle gusta e na que vén traballando nos últimos anos, sobre todo en relación con municipios portugueses como Braga ou Viana do Castelo, os cales, dixo, “teñen cousas das que debemos aprender deles”.

Esa referencia a outros modelos aplicouna a ámbitos nos que considera que Santiago debe reforzar a súa presenza, como no Eixo Atlántico, no Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España ou en proxectos europeos. En calquera caso, indicou que se aproveitará todo o que se “fixo de utilidade” neste ámbito, e puxo como exemplo a candidatura de Santiago como cidade creadora da UNESCO en base a un proxecto en torno ao cine.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial