займ срочно

Sanidade impón más medidas contra o Coronavirus en Compostela e Santa Comba (3/09/2020)

0

Bisbarra, 3 de setembro do 2020 – O incremento de positivos por Coronavirus obriga á Consellería de Sanidade a impor máis restricións a Compostela e Santa Comba.

Entres as medidas que terán que adoptar está a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería, onde ademais estará prohibido o consumo en barra. Imponse tamén a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto, ademais do peche dos centros de día e residencias.

Multiusos

Preocupa tamén o gromo no Multiusos no que se recoñecen xa 30 contaxios por Coronavirus. A principios da semana falábase de un, onte eran 9 e hoxe esa cifra da a entender que cando se coñeceu o problema os positivos por Coronavirus eran máis dos recoñecidos en aquel momento.

CCOO impugna a axuda a domicilio

Comisións Obreiras impugnaba onte os pregos de licitación do servizo de axuda a domicilio (SAD) de Santiago de Compostela. Segundo o sindicato, o orzamento ten un desfasamento de case 200 000 euros anuais. O sindicato considera aínda máis grave que a partida destinada a afrontar o contexto do Coronavirus supón só o 0,1 % do total, «o que representa un risco para a saúde das persoas usuarias e traballadoras».

Santa Comba

Santa Comba e outro dos concellos nos que a Consellería de Sanidade decidiu intervir impoñendo certas medidas. O número de casos de Coronavirus é de 39. Nun bando o alcalde, David Barbeira, informou onte da suspensión da feira municipal ata novo aviso e retrasar o inicio do curso na escola infantil tamén ata novo aviso. Estas decisións súmanse as da Consellería de reducir o aforo dos negocios ao 50%. prohibición nos locais de hostalería de consumir en barra ou fixar o número máximo para reunións en 10 persoas.

Santa Comba Coronavirus

Imaxe de Santa Comba durante o pasado periodo de confinamento

As cifras por concellos que facilitamos en Lindeiros non saen da Xerencia do Sergas que só comunica datos globais distribuídos por áreas sanitarias. Os datos que facilitamos son recollidos por Lindeiros das informacións públicas dos concellos, de conversas directas con colaboradores ou de fontes de confianza; por esta razón pode haber pequenas variacións ao longo dos días.

Actualizacións

Lalín

Sorprende que Lalín non sexa incluído entre os concellos con novas restricións. Os casos superan o medio centenar e onte coñecíase un novo gromo con 15 afectados. O alcalde Xosé Crespo pedía no seu perfil de Facebook que os que puideran estar en contacto cun bar da vila que falaran co Sergas

Vexo con moita preocupación as últimas novas dun rebrote nun bar de Lalín. Pedir a máxima responsabilidade a todos os…

Publicado por José Crespo Iglesias en Miércoles, 2 de septiembre de 2020

Ordes

Ordes é outro dos concellos que nos últimos días non deixa de crecer o número de positivos por Coronavirus. Nas últimas 24 horas, e según os datos publicados polo concello, son 3 máis as persoas en illamento domiciliario polo que o total de afectados é de 24.

Silleda

Silleda ten dous novos positivos polo que o total de afectados é de 15. O concello plantease incrementar as medidas de prevención se o número segue crecendo nos próximos días.

Barbanza

En todo o Barbanza parece que os casos estabilízanse pouco a pouco e concellos como A Pobra, Outes ou Muros parecen ter controlados os distintos gromos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies