займ срочно

David Barbeira, alcalde de Santa Comba: “conseguir unha residencia, e na medida do posible centro de día, é o noso principal obxectivo”

0

“Estou moi agradecido polo trato recibido dos traballadores do concello”

“Santa Comba ten que ser unha referencia como cabeza de comarca”

“A residencia de maiores é unha necesidade urxente na que xa traballamos”

Continuamos falando cos novos alcaldes e hoxe tócalle a David Barbeira de Santa Comba, o primeiro de Compromiso x Galicia que pasa por Lindeiros.

A situación política do concello de santa Comba hai anos que dista moito de ser normal. Por dúas veces, nas últimas dúas lexislaturas, o socialista José Antonio Ucha conseguiu formar un goberno e por dúas veces unha moción de censura devolveu ao PP á alcaldía. Agora o Psoe decidiu compartir a máxima responsabilidade con David Barbeira, dous anos cada un, pese a que é o único concelleiro de compromiso x Galicia.

David BarbeiraBarbeira entrou en política para intentar cambiar algo pero el mesmo recoñece que non entraba nas súas previsións acabar de alcalde

Non é o primeiro caso pero é unha excepcionalidade que un partido cun só concelleiro ocupe a alcaldía pero entende que a necesidade de cambiar o xeito de facer as cousas en Santa Comba é un obxectivo común cos socialistas

Esta situación provoca comparacións co veciño concello de A Baña. Alí socialistas e compromiso están nunha situación moi parecida, con 4 concelleiros do Psoe e 2 de CxG, pero non chegaron a acordo e de feito apoiaron a investidura do alcalde pero non os soldos. David Barbeira considera que cada concello é distinto e aínda que desde fora poidan parecer as mesmas circunstancias non teñen porque selo.

David BarbeiraEsa diferenza de perspectiva, fora ou dentro, aplícase tamén ao traballo no concello. Alguén que chega por primeira vez decátase da distintas percepción que se ten desde a rúa do que se fai dentro da casa consistorial

A residencia de maiores é un dos principais obxectivos do novo goberno pero tamén pensan no patrimonio, o deporte e a cultura e como necesidade destacada conseguir chan industrial.

San Comba ten unha situación que a converte nunha capital de comarca, Barbeira pensa que hai que conseguir que chegue a unha situación que sexa un verdadeiro referente para os concellos limítrofes

David BarbeiraO concello ten tamén un importante medio rural que necesita dunha política específica, David Barbeira pon os ollos no veciño concello de Mazaricos como unha referencia do que se debe facer

Non tivo moitas sorpresas nos primeiros días como alcalde e a realidade coincidiu co que pensaba sobre a situación do concello. Hai sen embargo algo que David Barbeira destaca e polo que está moi agradecido: o trato recibido polos traballadores. Recoñece que sempre se escoitan faladurías pero el só ten palabras de agradecemento

Na política local fan falta persoas que entendan o servizo público como algo bo para todos. David Barbeira entrou en política para cambiar o que cría que estaba mal no seu pobo, Santa Comba, e as circunstancias propiciaron unha oportunidade antes de que se cansara. Pode que o concello deixe atrás por fin loitas políticas e se centre no importante, pero a lexislatura acaba de comezar e iremos vendo os resultados de este novo goberno municipal.   

David Barbeira

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies