A deputación mellorará a estrada de Santa Catalina a Esmorode en Santa Comba

0

Santa Comba, 19 de outubro do 2017 – O portavoz municipal do Partido Socialista en Santa Comba, José Antonio Ucha Velo, mantivo este mércores unha reunión co deputado provincial do partido xudicial de Santiago e responsable da área de Facenda, Antonio Leira Piñeiro, co que falou de distintos asuntos relacionados co concello.

santa comba estrada santa catalina esmorodeNa reunión tratáronse temas fundamentais para Santa Comba, como a regulación do tráfico no cruzamento da estrada de Coristanco, na zona dos colexios, en Santa Catalina.

José Antonio Ucha explica que “Ao non formar parte do goberno municipal nosas xestións limítanse a aqueles asuntos que dependan directamente da Deputación, e conseguimos un acordo para a mellora do firme da Estrada de Santa Catalina a Esmorode.   Antonio Leira confirmounos que no pleno do próximo venres 27 de outubro aprobarase o investimento necesario para facer realidade a mellora da capa de rodaxe con mestura bituminosa en quente da estrada provincial 7702 no tramo entre Santa Catalina  e Esmorode”.

 O portavoz do socialistas de Santa Comba indica que este tipos de acordos son de vital importancia xa que sen a axuda da Deputación o concello non podería asumilos.

O concelleiro socialista di tamén “Sabemos que en Santa Comba hai moitas necesidades, como a mellora do abastecemento de auga, pero lamentablemente esas cuestións non lle corresponde solucionalas á oposición,  son temas cuxa xestión dependen directamente do labor político do equipo de goberno ao non ser competencia directa da entidade provincial”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies