Santa Comba fuxe do Covid (17/09/2020)

0

Bisbarra, 17 de setembro do 2020 – O concello de Santa Comba pon a vista no luns 21 para fuxir do Covid coa recuperación da feira e a apertura da escola infantil.

Un novo bando do alcalde, David Barbeira, informaba onte mércores que os casos activos por Covid seguen sendo 15 co que o número leva estable desde hai días. O comunicado informaba da apertura dos parques infantís, pistas deportivas, pavillóns e áreas recreativas. Engadía a recuperación da feira e a apertura do curso na escola infantil para o próximo luns día 21.

Concello de Santa Comba durante o confinamento

Silleda con restricións

Despois de que o concello aumentara as medidas de prevención o pasado luns a Consellería de Sanidade impuxo restricións que entraron en vigor esta pasada noite. Como en outras vilas as medidas inclúen a limitación dos aforos ao  50% en  establecementos comerciais, de restauración e hostaleira, bibliotecas, academias ou autoescolas. Tamén se limitan as reunión de persoas a un máximo de 10, tanto de carácter privado como na vía pública, ademais de aplicarse reducións de aforo en celebracións, velorios ou lugares de culto. No caso de celebracións non se poderá superar o 50% do aforo da sala, nin o número máximo de 50 persoas para lugares pechados e de 100 ao aire libre.

As cifras por concellos que facilitamos en Lindeiros non saen da Xerencia do Sergas que só comunica datos globais distribuídos por áreas sanitarias. Os datos que facilitamos son recollidos por Lindeiros das informacións públicas dos concellos, de conversas directas con colaboradores ou de fontes de confianza; por esta razón pode haber pequenas variacións ao longo dos días.

Máis garderías

Si onte falabamos de garderías en Lalín, Negreira ou Boiro hoxe súmase á lista a de Salgueiriños en Santiago. Un positivo por Covid dun dos cativos obrigou ao confinamento de 13 nenos e seis educadoras que foron contactos estreitos. Agora terán que facerse as probas e agardar aos resultados antes de tomar novas decisións.

Outros concellos

No resto da bisbarra non hai cambios significativos. O concello de Boiro remitiu unha carta á Consellería de Educación pedindo probas de Covid para todo o persoal de limpeza e conserxes dos colexios, ao igual que se fixo cos docentes.

Padrón informa de 10 casos activos no municipio e da alta de 14 persoas nas últimas semanas. Negreira mantense en 18 casos activos e A Baña 11. Ordes pola súa banda baixa a cifra de persoas en illamento domiciliario a 8.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial