Frades, Santa Comba e Ordes, concellos con positivos por Coronavirus

0

Bisbarra, 23 de marzo do 2020 – Xa son 3 os concellos con veciños infectados polo Coronavirus, Ordes, Santa Comba e na fin de semana coñecíamos que Frades se sumaba a esta triste lista.

Queda claro que é algo que pode estenderse a calquera lugar e por iso é necesario aplicar a corentena do mellor xeito posible, os bandos e comunicacións municipais van en esa dirección e apelan aos veciós para, quedando na casa, parar entre todos o Coronavirus.

Ordes

Ordes anunciaba onte que son dous os casos confirmados, que están a ser atendidos en atención domiciliaria e que os expertos xa tomar todas as medidas necesarias.

Tamén indican as medidas de desinfección que se están seguindo ” dou comezo por parte da brigada municipal a #desinfección ata o fin do estado de emerxencia sanitaria de boa parte do rueiro municipal conforme as pautas indicadas, e seguindo o listado elaborado pola policía local: centro de saúde e PAC, supermercados e ultramarinos, farmacias, tanatorio, parada de taxis, carnicerías, etc”.

A Policía Local reclamaba tamén nas redes que a xente quedara na casa e o Bando municipal insistía na cuestión con serias advertencias “As forzas e corpos de seguridade locais intensificarán no posible os controis, e se fose preciso, si non entendemos de outro modo as nosas obrigas cívicas en unha situación tan relevante de saúde pública, procederase a #sancionar no lugar de pedir prudencia e responsabilidade”.

Santa Comba

O Bando Municipal emitido desde o concello de Santa Comba explicaba que se pedira a sub delegación do Goberno material sanitario para o Servizo de Axuda Domiciliaria, as emerxencias e servizos como os de limpeza ou policía local.

Tamén desvelaba que o concello presentara unha queixa ante a Subdirección Xeral de Saúde pola falta de información sobre cos casos de postivos por Coronavirus no concello.

A comunicación oficial remata indicando que se comezou a desinfectar os edificios públicos que ao longo de hoxe luns darase máis información sobre a situación.

Frades

Frades informaba na fin de semana do primeiro caso confirmado no concello e pedía que non se especulara coa identidade ou os datos da persoa para manter a súa privacidade.

O concello tamén indicaba que se pechaba o consultorio de Abellá polo que as consultas urxentes faranse en Ponte Carreira e as de pediatría en Ordes, só as urxentes xa que o resto de citas están anuladas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial