Santa Comba destina o Plan Único á mellora das rúas do centro urbano e camiños municipais

0

Santa Comba, 14 de novembro do 2017 – O Boletín Oficial da Provincia publica a licitación de dous proxectos que financia o Plan Único da Deputación  en Santa Comba para mellorar o firme de varias rúas e camiños municipais.

En total, estas obras supoñen un investimento total de 540.546,82 euros por parte da Deputación da Coruña.

O concello de Santa Comba destina gran parte dos fondos do novo plan provincial ao mantemento e a mellora dos viais municipais. Ademais dos dous proxectos que saen a licitación, tamén se inclúen no Plan Único o mantemento dos camiños de Picotos a Varilongo e de Santa Sabiña, así coma a adecuación do entorno do CEIP Barrié de la Maza. Este tipo de obras supoñen un investimento total de 786.175 euros, dentro do total de 1.605.653,25 euros que recibe o concello de Santa Comba este ano. O importe restante destínase a financiar parte do gasto corrente municipal e reducir a débeda, contribuíndo así ao saneamento das contas do Concello.

Pavimentación do camiño de Estévez a Traba e de viais do centro urbano

As obras terán unha duración aproximada de tres meses e afectarán por unha banda ao camiño de Estevez a Traba, e por outra a varios viais do centro urbano de Santa Comba, incluíndo a Praza do Mercado, nas rúas Rosalía de Castro, Corredoira da Torre, Ferradura, Eduardo Pondal e as que circundan o centro de saúde.

Ambos proxectos, dotados con 254.00,58 euros e 286.542,24 euros respectivamente, consistirán na limpeza e o fresado do pavimento, co obxectivo de eliminar a superficie danada e as diferenzas de nivel. Tamén se realizará o bacheo e o saneamento do firme, que posteriormente se rematará cunha capa de rodaxe de 5 centímetros de pavimento asfáltico.

As obras tamén incluirán a posta a cota das tapas dos pozos, arquetas e outros elementos das redes abastecemento e saneamento. Por último, renovarase a sinalización vial, que consistirá en sinais verticais de aceiro galvanizado e marcas horizontais retrorreflectantes.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies