Santa Comba reurbanizará a Avenida de Santiago

0

Santa Comba, 25 de maio do 2020 – O pleno do concello de Santa Comba aprobou, co único voto en contra do alcalde, a reurbanización da Avenida de Santiago.

Psoe e PP apoiaron que a mellora dunha das principais entradas de Santa Comba fora incluído no POS+ da Deputación. O alcalde pola súa banda, que votou en contra, quería destinar todo o montante da Deputación a gasto corrente. A urxencia de esta aprobación ven dada porque o próximo venres remata o prazo para presentar as propostas ao ente provincial.

Diferentes criterios

O Psoe explicou na necesidade de este arranxo por ser unha das principais vías de acceso a vila. Pola súa banda o Partido Popular lembrou que levaran unha proposta similar en plans anteriores.

A posición de Compromiso x Galicia, formación á que pertence o alcalde, era destinar unha parte dos fondos a gasto corrente e outra a actividades de promoción da vila.

Plan económico financiero

O pleno serviu tamén para a aprobación do Plan Económico financieiro de Santa Comba; en este caso cos votos a favor do equipo de goberno, Psoe e CxG, e a abstención do Partido Popular.

As principais críticas por parte do Psoe se deberon a que o plan non pasou por comisións informativas ou de goberno pese a, en teoría, formar parte do goberno municipal.

Denegación de subvención a Costavales

O pleno denegou, cos votos de Psoe e CxG e a bastención do Partido Popular, unha subvención a asociación Costavales. A axuda estaba prevista para unha feira que foi anulada debido a crise polo Covid19. Todos os grupos consideraron que sería un agravio comparativo concedela si a feira non se celebra xa que outras axudas tamén foron canceladas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial