займ срочно

Santa Comba recuperou a Feira do Gaiteiro

0

Santa Comba, 6 de xullo do 2020 – A Asociación Axio Mouro e o concello de Santa Comba recuperarán nos meses de xullo e agosto a Feira do Gaiteiro.

Según explican desde o concello A Feira do Gaiteiro é unha tradición xalleira que se iniciou durante a década dos anos 50, cando Xosé Ferrero, impulsor da primeira Banda de Música de Santa Comba, e outros persoeiros do concello impulsaron a creación dunha 3a feira mensual, a engadir ás 2 habituais instauradas no século XIX.

Santa Comba recuperou a Feira do GaiteiroEsta terceira cita converteuse en algo máis lúdico na década dos anos 60 do século pasado “o día da Feira en Santa Comba duraba ata a noite, con ducias de tabernas tradicionais onde se servían callos, carne asada e polbo; o cine de Casimiro esgotaba as súas localidades; a Sala de Festas xuntaba a mocidade da contornos; e, en fin, a xente tiña ganas de troula ata a mañanciña do martes. Os días da feira eran o marco para as actuacións dos grandes artistas da época”.

A tradición foise esquecendo aínda que os maiores do concello a lembran con claridade. Agora a Asociación Cultural Axio Mouro e o Concello de Santa Comba recupérana durante as feiras de Xullo e agosto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies