O adro da igrexa de Santa Cristina de Marcelle será arranxado pola Deputacion

0

A Baña, 14 de xuño do 2018 – A Deputación da Coruña investirá 57.000 euros na humanización do adro da igrexa de Santa Cristina de Marcelle no concello de A Baña.

As obras eliminarán os problemas de asolagamento da explanada coa  colocación dun novo pavimento de granito e unha bancada. As obras en Santa Cristina de Marcelle foron aprobadas no pleno provincial por unanimidade. O investimento, por medio dunha axuda de tipo nominal, será de 57.000 euros aínda que o custo total é de 76.848 €, o resto será costeado polo concello.

Os traballos pretenden, en primeiro lugar, solucionar os problemas de acumulación de auga e asolagamento que se producen habitualmente na explanada que rodea a igrexa e a casa reitoral, un lugar usado como zona de esparcemento e celebración de actividades lúdico-recreativas da veciñanza. Para elo, dotarase á zona dunha capa filtrante de grava sobre a que instalará terra vexetal e céspede. Asimesmo, construiranse unha serie de ramais de drenaxe soterrrados que permitirán recoller a auga e canalizala ata un pozo existente nas marxes da calzada que linda co adro.

A zona dotarase tamén de nova pavimentación de acceso tanto peonil coma para vehículos, ambas a base de lousas granito silvestre con acabado abuxardado e xuntas verdes para lograr unha integración acorde ao entorno. Os tramos peonís darán acceso tanto á igrexa como á zona do cruceiro.

Finalmente, dotarase ao adro dunha bancada que permita a reunión e descanso dos veciños na zona. A bancada instalarase no muro que delimita a finca e será cunha estrutura de aceiro negro liso con esmalte metálico sobre a que se instalarán unha serie de listóns de madeira, permitindo tamén unha axeitada integración no entorno.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies