Santa Cruz de Ribadulla, en Vedra, terá novo saneamento no verán

0

Vedra, 22 de decembro do 2018 – A consellería de Infraestruturas inviste en Vedra 700.000 para dotar dun novo saneamento a Santa Cruz de Ribadulla.

Esta semana a Conselleira, Ethel Vázquez, visitou Vedra para supervisar o comezo das obras. A responsable avanzou que as previsións son de que no verán poda estar funcionando o novo saneamento. Vázquez Mourelle explicou que a nova rede terá unha lonxitude superior aos 3 km de tubaxe e se ampliará a capacidade da depuradora existente ata os 500 habitantes equivalentes, deixándoa preparada para futuras incorporacións.

As obras de Vedra son a segunda fase das acometidas no 2015; en auquela ocasión o investimento chegara aos 436.000 euros. En aquela ocasión construíuse unha depuradora e dotouse de saneamento a San Mamede.

A titular de Infraestruturas salientou o apoio da Xunta ao Concello de Vedra para dotar aos seus veciños dun sistema eficaz de saneamento, que se traduce en actuacións e investimentos que ascenden a máis dun millón de euros destinados a este proxecto. Subliñou a aposta do Executivo autonómico por avanzar e contribuír na importante tarefa do saneamento e na mellora e conservación das masas de auga, algo prioritario, xa que é un dos bens máis prezados que cómpre preservar e conservar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial