займ срочно

Santa María dos Ánxeles comeza 4 días de festa

0

Brión, 14 de agosto do 2017 – O 15 de agosto é un dos días que máis festas teñen en Galicia, unha delas é a de Santa María dos Ánxeles en Brión.

Imaxe de Luis Miguel Bugallo da capela de Os Ánxeles

Imaxe de Luis Miguel Bugallo da capela de Os Ánxeles

A parroquia brionesa de Santa María dos Ánxeles ultima xa todos os preparativos para estas festas patronais, que comezan hoxe martes 15 e rematarán o venres 18 de agosto. Oficios relixiosos e música de orquestras combínanse nestas catro xornadas festivas.

O programa de actos dará comezo hoxe martes, dedicado a honra da Virxen da Nosa Señora, cunha misa solemne ás 13.00 horas. O baile do mediodía e a verbena será protagonizado pola orquestra Poceiro.

A segunda xornada de festa en Santa María dos Ánxeles, mañá mércores na honra a San Roque, contará tamén cunha misa solemne ás 13.00 horas. Continuará a festa coa sesión vermú e coa verbena nocturna coa orquestra Los Trovadores.

O xoves 17 de agosto, día na honra da Virxe do Rosario, haberá misa solemne ás 13.00 horas. Nesta ocasión, será a orquestra Compostela a encargada de amenizar o baile do mediodía e a verbena da noite.

Concluirán os festexos na parroquia de Santa María dos Ánxeles o venres 18 de agosto coa misa solemne na honra á Virxe do Carmen. A orquestra Solara protagonizará a sesión vermú e repetirá na verbena nocturna xunto coa orquestra Israel, poñendo, deste xeito, o broche final ás festas patronais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies