займ срочно

A reportaxe en esta ocasión comeza moi preto do coñecido como O Rego de Tarrío, situado no medio dun val, no lugar de Mosteiro, alí atópase o templo de Santa María de Lampai, o máis importante exemplo románico do concello de Teo.  Non é casual o nome do lugar xa que a igrexa é o último resto dun mosteiro beneditino que existiu nese lugar, conta a lenda que acabou sendo arrasado polos propios campesiños cansos dos excesos e abusos dos monxes.

reportaxe: igrexa de Santa María de LampaiA construción sitúase en torno ao ano 1150 aínda que a primeira referencia escrita é de 1185, un documento que constata o acordo do mosteiro de Lampai co de Toxosoutos e polo que este último terá parte nas igrexas de Santa Cecilia de Monte Siam e de San Xulián de Bastavales que pertencían por aquel entón á comunidade de Lampai.

As sucesivas construcións modificaron bastante o templo perdéndose gran parte do estilo románico aínda que siga sendo o predominante; trátase dun debuxo de planta moi habitual nas igrexas rurais cunha única nave e ábside de forma case rectangular cubertos por media bóveda de canón. a fachada occidental é unha das que mellor se conserva cunha entrada de dobre arcada apoiada en dobres columnas, un deseño moi parecido coa fachada occidental de Santa María de Herbón mandada construír polo arcebispo Diego Gelmírez, tamén se atopan parecidos con algúns elementos da fachada de Praterías da Catedral de Santiago. No século XVIII sofre unha importante reforma no corpo central, momento ao que pertence o escudo da familia dos Ulloa patrocinadores da reforma.

A igrexa está na actualidade moi coidada pola asociación de veciños que realiza achegas periódicas para as obras de mantemento máis necesarias; falando con eles lembran os curas que por alí foron pasando aínda que de todas as historias que un pode ouvir a máis rechamante é a referida a Don Manuel. Todos escoitamos nalgunha ocasión falar aos nosos maiores do mal de ollo, de que a aquel neno que collera un aire ou de que aqueloutro que tiña unha envexa pero o que non é tan habitual e atopar testemuños case directos de persoas que lembren como se lles quitaban esas “doenzas” na igrexa; contan que Don Manuel, un cura que realizou o seu labor en Lampai hai máis de 60 anos, tiña un certo poder e que cando a xente era curada gritaba na igrexa coma si se rebelasen a se sanados; é fácil atopar testemuños da época aínda que ninguén saiba moi ben o porqué dos berros ou o ritual que Don Manuel seguía; en todas as parroquias próximas o que si sabían era que se algún familiar padecía deses males era a Santa María de Lampai onde había que levalo.

Unha visita á igrexa de Lampai é sempre unha boa idea pola beleza da contorna, pódese aproveitar ademais para subir até o monte dá Grela que contempla esa parte do concello desde os seus 410 metros de altitude e onde recentemente inaugurouse un miradoiro con bancos moi demandado polos veciños que acostuman a pasear por alí; atopamos ademais en estos lugares pezas do megalítico e petróglifos da idade do bronce; un conxunto perfecto para os afeccionados á historia e ao patrimonio.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies