Santiago busca solucións que eviten o derrube do Hotel de Brandía (Audio)

0

A Xunta de Goberno acordou impoñer á empresa Petrolam A Veiga S.L a sanción de 52.470,98 euros polo retraso

 Santiago, 03/09/2016 – A proposta do concelleiro de Espazos Cidadáns, a Xunta de Goberno abordou a execución da sentenza xudicial que anulaba o convenio urbanístico asinado polo Concello e a empresa Lorygar no ano 2008, en relación ao complexo de Brandía. O acordo supuxo a cesión dunha parcela municipal para a construción dunha parte do complexo hoteleiro A Quinta da Auga, a cambio doutra parcela, no SUNP-29.

A xustiza anulou ese convenio, e agora os informes municipais sinalan que non procede a reversión da finca ao Concello. No canto desta medida, a Xunta de Goberno autorizou a “restitutio in pecuniam” do valor urbanístico da parcela, de xeito que Lorygar terá que pagarlle ao Concello 116.596.16 euros, como forma de execución da sentenza. En calquera caso –indicou o alcalde- será o xuíz o que deba ratificar a pertinencia desta valoración que fai o Concello.

Martiño Noriega lembrou que en torno a este complexo hoteleiro hai outro proceso xudicial aberto en paralelo, relativo á propia concesión da licenza e que podería resolverse cun derrubo, o feito de ter concedido esa licenza podría obrigar ao concello a pagar danos e presuizos


Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial