займ срочно

Santiago Centro e Em-Rede poñen en marcha unha campaña de apoio ao pequeno comercio

0

Compostela, 25 de outubro do 2018 – Santiago Centro Área Comercial e a Asociación de pequenos empresarios Em-Rede veñen de poñer en marcha unha campaña de apoio ao pequeno comercio co lema Non deixes que o peixe grande coma ao pequeno.

A presentación tivo lugar onte no mesmo centro do Ensanche santiagués, na confluencia das rúas Doutor Teixeiro e República del Salvador. Os encargados de explicar a iniciativa foron Eva        López, presidenta de Em-Rede, e José Mª Fernández, presidente de Santiago Centro. Eva comezaba falando da importancia de lanzar mensaxes positivos sobre o pequeno comercio, algo que farán con máis de cen vinilos adheridos aos escaparates das tendas

Pola súa banda José Mª Fernández falaba, no mesmo sentido, da necesidade de contrarrestar as mensaxes negativas e dicía que si é certo que pecharon negocios non o é menos que abriron outros

A campaña tradúcese en vinilos de cores expostos nos escaparates de preto dun cento de tendas compostelás e da comarca, complementados con adhesivos con mensaxes que se utilizarán para pechar bolsas de compra ou paquetes. Nos materiais reflíctense frases que constatan a realidade e o

dinamismo do sector. “Porque o pequeno comercio lle dá vida á cidade”, “porque fortalece os lazos da comunidade”, “porque ofrece un trato persoal e próximo”, “porque axudas á economía dos teus veciños”, “porque creamos emprego” ou “porque podes mercar mentres paseas coas amizades” son algunhas delas.

Clima de confianza

Con iniciativas coma esta, tanto Em‐Rede coma Santiago Centro queren promover un clima de confianza entre comerciantes e veciños, favorecendo a interacción e a comunicación para que o sector poida adaptarse mellor ás necesidades dos clientes. Non deixes que o peixe grande coma ao pequeno

pon o acento na calidade, a proximidade e o coñecemento da zona que posúen os comerciantes, fronte á frialdade doutras formas de mercar. Ademais, resalta o estímulo económico que implica para a cidade, e o aforro enerxético que supón a compra de proximidade, ao eliminárense transportes, embalaxes e custos innecesarios.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies