займ срочно

A Fundación Santiago Centro intégrase na Asociación de Autónomos de Galicia ATA

0

Compostela, 23 de xuño do 2017 – A Fundación Santiago Centro, Área Comercial asinou un convenio para integrarse en ATA Galicia. Na firma do devandito convenio estiveron presentes Rafael Selectos, presidente de ATA Galicia e por parte da Fundación Santiago Centro, Área Comercial, o seu presidente José María Fernández Fernández.

No acto, que tivo lugar na sede da Fundación Santiago Centro, en Santiago de Compostela, os representantes de ambas as organizacións analizaron os principais problemas aos que se enfrontan os profesionais de Santiago de Compostela á hora de levar a cabo o seu día a día e os problemas polos que atravesan no conxunto da provincia.

No marco deste acordo, ambas as organizacións poñerán en marcha actividades de forma conxunta que contribúan ao desenvolvemento das actividades económicas dos comerciantes de Santiago de Compostela.

ATA, pola súa banda, representará e defenderá os dereitos dos socios da Fundación Santiago Centro, Área Comercial ante as institucións públicas e privadas. Rafael Selectos, presidente de ATA Galicia, mostrouse moi satisfeito con esta unión que entende “reforzará á organización e continúa sumando esforzos e compromisos cos autónomos galegos”.

Os responsables de ambas organizacións rubricaron a consecución do acordo e mostrado a súa total disposición a colaborar para levar a bo porto unha unión que agora comeza e que esperan será moi beneficioso.

José María Fernández, presidente da Fundación Santiago Centro, Área Comercial, tras a firma de integración mostrou a súa satisfacción por dar este paso e espera que “contribúa á dinamización comercial, económica, veciñal e social do Ensanche compostelán”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies