займ срочно

Santiago Centro presenta a súa estratexia para o próximo trienio

0

Compostela, 31 de xaneiro do 2019 – Santiago Centro presenta o seu Plan Estratéxico do Ensanche que marcará o traballo da institución os próximos tres anos.

O documento de Santiago Centro recolle as debilidades, oportunidades e propostas concretas de actuación no Ensanche en aspectos como o comercio, urbanismo comercial, veciñanza e turismo. A proposta foi elaborada baixo a dirección da entidade, traballando con distintos expertos e técnicos de diferentes campos, así como con comerciantes e hostaleiros.

Participación de expertos e implicados

O traballo nos últimos meses apoiouse na realización de diversas mesas de debate coa participación de expertos en urbanismo, turismo, comercio e hostalaría; informes sobre aspectos parciais encargados especificamente a profesores universitarios e técnicos expertos en distintas áreas; un estudo sobre a percepción e información que turistas e peregrinos teñen do Ensanche, elaborado en colaboración coa Escola de Turismo da Coruña (adscrita á UDC); e a consulta ás asociacións con presenza no Ensanche.

As liñas xerais do programa foron ademais presentadas e avaliadas co tecido asociativo con presenza na zona como a organización comarcal de comercio Proxecto Em‐Rede e a Asociación de Veciños Raigame, que tamén achegaron a súa visión e distintas propostas.

Debate público

O resultado de estes traballos é unha batería de propostas que se someterán agora ao conxunto do comercio. O obxectivo é analizar as ideas, xerar debate e, no seu caso, mesmo incorporar novas medidas que sirvan como guía de actuación para dinamizar a actividade comercial e a vida comunitaria no Ensanche, ante as múltiples ameazas ás que se enfronta o pequeno comercio na actualidade.

Presentación no Real Aero Club

O acto de presentación celebrarase o vindeiro martes, día 5 de febreiro, en dependencias do Real Aeroclub de Santiago (rúa do Xeneral Pardiñas) a partir das 20:30h. Con posterioridade, Santiago Centro celebrará tamén a súa reunión anual de asociados, na que se presentará o resume de actividades realizadas en 2018 e a proposta de programación de 2019, que inclúe xa a posta en marcha de distintas medidas incluídas na Estratexia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies