займ срочно

Reformase o centro sociocultural da Peregrina, en Santiago

0

Compostela, 15 de xullo do 2020 – O Concello de Santiago de Compostela destinará 115.914,52  euros dos fondos adicionais do Plan Único (POS+2019) da Deputación  ás obras de reforma do centro sociocultural da Peregrina.

Santiago busca con esta reforma o acondicionamento integral do inmoble, tanto exterior coma interior. Trátase dun edificio que data dos anos 60 do século pasado, dotado con tres aulas, aseos e un porche cuberto que sirve para a realización de actividades ao aire libre.

O proxecto, en fase de licitación ata o 3 de agosto, incluirá a restauración da cuberta, que actualmente presenta desperfectos que provocan filtracións de auga cara o interior do edificio. Desmontarase completamente a cuberta actual e eliminaranse as planchas de fibrocemento, para colocar un novo tellado con illamento térmico, impermeabilización e tella cerámica curva, con novos canalóns e baixantes.

Reformase o centro sociocultural da Peregrina, en Santiago Os pavimentos serán renovados así como a pintura de todo o inmoble, dotando de baldosa cerámica ás tres aulas, emplastecendo e pintando todas as paredes e os paramentos verticais do exterior. As obras incluirán a renovación da carpintaría exterior por outra nova de aluminio lacado con rotura de ponte térmica, vidros e persianas interiores, así coma a remodelación total dos aseos para dotalos da accesibilidade necesaria. 

Tamén se mellorará a accesibilidade do edificio, coa construción de dúas ramplas de formigón que facilitarán o acceso polo porche ás persoas con mobilidade reducida.

Os traballos complétanse coa creación dunha nova zona destinada a almacén e cociña e  a renovación completa da instalación eléctrica do centro sociocultural, dotándoo de novo alumeado exterior e interior con tecnoloxía led, que propicia un importante aforro enerxético. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies