Santiago Futsal mantén o tipo antes o Barcelona Lassa pese a caer pola mínima

0

Compostela, 3 de decembro do 2017 – A pista do Palau Blaugrana acolleu o encontro entre o FC Barcelona Lassa e Santiago Futsal correspondente a 13ª xornada de Liga, un partido no que os santiagueses plantaron cara ao actual líder da categoría e ao que lle xogaron de ti a ti durante os 40 minutos.

Os de Santiago tiveron que facer fronte á baixa de Juanjo Catela, por unha gantroenteritis que non lle permitiu entrar na convocatoria, e á de Everton, quen se tivo que retirar no minuto 16 axudado polos servizos médicos con molestias nunha perna.

Avisaron os locais nos primeiros minutos con dous tiros á madeira; o primeiro de Leo e o segundo de Rivillos, antesala do gol de Ferrao no minuto 7 de partido. O brasileiro definiu diante do meta Víctor López despois dun tiro certeiro ao fondo da rede. Aos poucos os de Santiago foron subindo liñas e movendo o balón máis preto do meta local Juanjo. Zequi probou ao ex-gardameta santiagués cun tiro afastado, á vez que Víctor López tivo que protagonizar varios paradas determinantes para os seus. Cun Santiago Futsal vindo arriba, chegou a inoportuna lesión de Everton no minuto 16 do encontro. O xogador hispanobrasileiro do Santiago Futsal tivo que retirarse da pista axudado polos servizos médicos. O alcance da lesión será coñecido cando se realicen a pertinentes probas médicas.

O marcador non se movería ata a segunda parte cando, aos dous minutos da continuación, volveu aparecer o pivote brasileiro Ferrao; entre liñas para, cun movemento sutil dentro da área, acertar á diana e anotar o segundo para os seus. Só un minuto despois, unha magnífica saída á contra dirixida e finalizada por Álex Diz, reduciu a distancia para a escuadra branca. De novo envorcáronse ao ataque os de Santi Valladares, máis incisivos no xogo de ataque e buscando o oco ante a defensa blaugrana. Balóns en profundidade, non atopaban un remate claro dentro da área que puxeron táblas no luminoso. No 33′ Joselito sorprendeu a Víctor López cun disparo directo nun saque de falta e aumentou a conta local. Xa nos últimos instantes e con porteiro-xogador, o conxunto branco buscou un gol que os metese no partido. O acerto do porteiro local Juanjo e a falta de definición en tiros afastados, non permitiron aos de Santiago anotar un último e merecido gol.

Ficha do encontro:
FC Barcelona Lassa: Juanjo, Leo, Dyego, Joao e Ferrao – cinco inicial- Roger, Rafa López, Rivillos, Adolfo, Joselito e Lozano, Santiago Futsal: Víctor López, Álex Verdejo, Álex Diz, Zequi e Everton -cinco inicial- Hugo Sánchez, Antonio Diz, Santi, Álex Velasco e Armando.

Incidencias: Partido correspondente á 13ª xornada de Liga celebrado no Palau Blaugrana.

Árbitros: Díaz Rodríguez e García Hernández. Amoestaron con cartón amarelo a Joselito por parte do FC Barcelona Lassa.

Goles: 1-0 min.7 Ferrao; 2-0 min.22 Feraro; 2-1 min.23 *Álex Diz; 3-1 min.33 Joselito

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies