займ срочно

O Santiago Futsal non puido co Córdoba

0

Compostela, 24 de setembro do 2018 – Ao Santiago Futsal atragantouselle o Córdoba e non foi quen de manter a vitoria que durante bastante tempo mantivo no marcador.

O que durante 23 minutos pareceu unha estocada o suficiente efectiva para levar a vitoria do Palacio de Vista Alegre en Córdoba acabouse disipando mediado o segundo acto de partido. Everton materializou o primeiro gol do encontro, tamén o primeiro do Santiago  Futsal na categoría de prata, aos 5 minutos de iniciarse o encontro. Tamén Everton puido ser autor do segundo tanto do contador celeste, pero o tiro de dobre penalti botado no minuto 15 acabaría marchándose pola liña de fondo. O conxunto local Córdoba CF  Futsal avisou do perigo con dous tiros que se estrelaron na madeira.

Tras o paso por vestiario, e tras un aviso de  Brian coa zurda que por pouco non termina en gol,  Cristobal confirmou a melloría do persoal verdibranco no segundo acto asinando un dobrete e a consecuente remontada do equipo cordobés no 28′ e no 34′.  O encontro púxose aínda máis costa arriba para os galegos cos tantos de Cordeiro e  Keko. Co 4-1 e dous minutos por diante, Isma puxo o 4-2 e Cordeiro anotou o 4-3 para vivir un final de infarto no Municipal de Vista Alegre. Un último minuto con xogo de cinco por parte do santiagueses pero o tanto do empate non chegou. Próxima oportunidade para puntuar o domingo ante  Dimurol  S.Tenerife.

Ficha do partido

Córdoba CF  Futsal 4:  Nono, Cordeiro, Jesús Rodríguez,  Koseki e César -cinco inicial-  Catiti, Lolo  Jarque, David Leal,  Keko, Manu Leal e Cristóbal.

Santiago  Futsal 3: Iago Barro, Dani Branco,  Brian, Ismael e  Zequi. Tamén xogaron: Lucas Moreira, Alberto, Santi, Everton e Seijas.

Goles:0-1  min.5 Everton, 1-1  min.28Cristóbal, 2-1  min.34 Cristóbal, 3-1 min.35 Cordeiro, 4-1  min.38 Keko, 4-2  min.38 Isma, 4-3  min.39 Cordeiro ( pp).

Árbitros:  Faubell  Zaldívar e Lázaro Angulo. Amoestaron con cartón amarelo a César no cadro cordobés; a Lucas, Everton e Seijas no santiagués.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 2 de Segunda División, disputado no Palacio Municipal de Deportes Vista Alegre (Córdoba).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies