Santiago Futsal presenta a equipación conmemorativa dos 15 anos en Primeira

0

Compostela, 1 de setembro do 2017 – O Santiago Futsal presentou a equipación oficial e que conmemora os 15 anos do equipo na primeira división nacional.

A tenda oficial do equipo santiagués, Deportes Caneda, acolleu a presentación oficial da equipaxión conmemorativa dos quince anos consecutivos do equipo branco en Primeira División, e que será a primeira que vestirán os de Santi Valladares durante o presente curso. Os xogadores do primeiro equipo David Palmas e Juanjo Catela, e o ex xogador e ex capitán ‘Manu’ Barral foron os modelos que se vestiron cos novos equipamentos brancos para presentar ante os medios de comunicación presentes.

Quince anos despois da súa estrea en Primeira División, e como naquel debut na máxima categoría do fútbol sala, o Santiago Futsal volve vestir de Umbro para celebrar a decena e media en Primeira. Unha camiseta ‘vintage’, con detalles en vermello e negro en pescozo e mangas, que leva o logo do 15º aniversario na parte dianteira. A nova elástica poderase adquirir nos vindeiros días únicamente en Deportes Caneda.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies