займ срочно

O Santiago Futsal gaña o Trofeo Burela Bonita

0

Compostela, 20 de agosto do 2017 – Un irresistible Santiago Futsal plantou cara a un dos equipos máis forte da LNFS, o Movistar Inter, na final do Torneo Burela Bonita.

Tres goles na primeira parte puxeron o partido moi favorable aos intereses santiagueses, que sabían da importancia, tanto deportiva como anímica, que supoñía unha vitoria ante o equipo madrileño. Na segunda parte, máis disputada e con maior ritmo de xogo entre ambos os conxuntos, os galegos fixeron fronte a un potente Movistar Inter cuxos arreones finais non foron suficientes para reducir distancias.

Santi, Hugo Sánchez e Armando foron os encargados de poñer por diante no marcador ao Santiago Futsal no primeiro acto. Borja anotou para os madrileños desde o punto de penalti tras o descanso, pero Everton encargouse de disipar toda intención de remontada anotando o cuarto e definitivo tanto a cinco minutos do final. Gadeia maquillou o marcador co 2-4 e, a pesar de probar con porteiro-xogador os últimos minutos, Movistar Inter non logrou achegarse aos santiagueses que finalmente levaron a vitoria.

Vitoria de prestixio para os de Santiago no cuarto test do período preparatorio, que evolucionan moi positivamente na súa pretemporada.

Ficha do partido:

Movistar Inter:  Álex González, Borja, Bebe, Gadeia e Solano- cinco inicial- Elissandro, Pola, Bruno Taffy, Serginho, Ortiz, Daniel, Rafael, Ricardinho e Jesús Ferreiro

Santiago Futsal: Víctor López, Hugo Sánchez, Alex Verdejo, Isma e Antonio Diz -cinco inicial- Everton, Gonzalo, Santi, Zequi, Armando e Álex Diz.

Incidencias: Partido correspondente á final do Torneo Burela Bonita celebrado no Municipal de Vista Alegre cunha asistencia  aproximada de 600 persoas.

Árbitros: Menéndez Nistal e Vilas López. Expulsaron a Álex Gonzalez con cartón vermello por parte de Movistar Inter. Amoestaron a Pola, Carlos Ortiz, Bebe, Ricardinho por Movistar Inter; e a Gonzalo por Santiago Futsal

Goles: 0-1 min.5 Santi; 0-2 min.14 Hugo Sánchez; 0-3 min.17 Armando; 1-3 min.22 Borja (penalti); 1-4 min.35 Everton; 2-4 min.37 Gadeia;

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies