займ срочно

O  Santiago Futsal regálase unha vitoria ante o Gran Canaria

0

Compostela, 7 de xaneiro do 2018 – O Santiago Futsal estaba necesitado dunha vitoria así que aproveitou o paso dos Reis Magos para pedirlles axuda e parece que a chamada funcionou ante o Gran Canaria.

A primeira vitoria do ano e 3 puntos moi valiosos chegaron ante un rival directo, o Gran Canaria. Os locais abriron rapidamente a brecha facendo tres goles en apenas 7 minutos. Os dous primeiros tantos de Antonio Diz e o gol de Hugo Sánchez subiron os ánimos locais para acougar os nervios dun partido de medo. Do medo que supoñería para o que perdedor verse nas últimas posicións da táboa cunha clara distancia sobre o penúltimo.

Tentaríao Gran Canaria FS con porteiro-xogador, incluso cambiando a elástica laranxa entre Gonfaus e Juanillo. A pesar de tentalo co xogo de cinco, os visitantes non lograrían intimidar a meta local, cun Thiago Soares atento a todos os balóns próximos á súa posición. Antes de chegar ao descanso, o meta canario Gus freou o man a man ante Álex Verdejo que puido ser o cuarto tanto local.

No segundo acto, cambiaría de gardameta o conxunto visitante e debutaría Zuza, que realizaría os labores de pivote durante os primeiros minutos do segundo acto. Sen maiores problemas, resolvería a defensa santiaguesa. No 24′ Armando aumentou a renda local co 4-0. Un remate certeiro ao pau curto do porteiro que fixo as delicias dos afeccionados congregados esta tarde no Fontes do Sar. Un balón rebotado e que favoreceu ao xogador canario Sergio Parra, significou o 4-1 para os seus no minuto 29. Tras a expulsión de Saúl nas filas visitantes por dobre cartón amarelo, e a consecuente inferioridade numérica do equipo canario, os árbitros estimaron ilegal o gol de peito ao segundo pau de Antonio Diz por unha suposta man. Nos instantes finais do encontro Zequi foi o encargado de anotar o quinto, agora si, tanto dos locais, ao culminar unha excelente manobra individual ante o porteiro.

Agasallo merecido para un Santiago Futsal que arrinca o ano co pé dereito.

Sala de prensa

Santi Valladares analizou o encontro tras a súa conclusión do que dixo “Púxosenos o partido de fronte nos primeiros minutos e, pese ao xogo de cinco que probaron eles, fomos capaces de xestionar o resultado. Realizamos un partido práctico e moi correcto. A vitoria é merecida e moi necesaria.”

Ficha do partido

 Santiago Futsal: Thiago Soares, Santi, Álex Verdejo, Catela e Zequi -cinco inicial- Armando, An. tonio Diz, Hugo Sánchez, Álex Diz e Álex Velasco.

Gran Canaria FS: Igor, Xullo, Nacho Gil, Sergio Parra e Juanillo -cinco inicial- Saúl, Acaymo, Gonfaus, Ayose, Michel, Zuza e Barbeiro

Incidencias: Partido correspondente á 18ª xornada de Liga celebrado no Multiusos Fontes do Sar cunha asistencia aproximada de 850 persoas.

Árbitros: Costa Sánchez e Pena Gómez. Expulsaron a Saúl con dobre cartón amarelo por Gran Canaria FS. Amoestaron con cartón amarelo a Armando, Antonio Diz e Catela polo Santiago Futsal.

Goles: 1-0 min.4 Antonio Diz; 2-0 min.Hugo Sánchez; 3-0 min.7 Antonio Diz; 4-0 min.24 Armando; 4-1 min.29 Sergio Parra; 5-1 min.37 Zequi.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies