Asinada a colaboración entre o Santiago Futsal e o IES Antón Fraguas de Fontiñas

0

Compostela, 29 de novembro do 2017 – O club Santiago  Futsal e o centro de Educación Secundaria Obrigatoria IES Antón Fraguas chegaron a un acordo para a colaboración entre ambas as entidades na presente temporada 2017-2018.

O presidente do Santiago  Futsal, Ramón García, e o director IES Antón Fraguas, Carlos  Encisa, reuníronse esta mañá para selar o acordo de patrocinio,  polo cal o club atribuirá o nome do centro a todos os seus equipos base de Liga Local e entregará invitacións ao alumnado do centro para os encontro do Santiago  Futsal no Multiusos Fontes  do Sar.

Pola súa banda, o IES comprométese a ceder as súas instalacións aos equipos dos grupos de iniciación e formación do Santiago  Futsal para o desenvolvemento dos seus adestramentos.

Desde o Santiago  Futsal congratulámonos de chegar a un acordo co IES Antón Fraguas, centro educativo situado no Barrio de  As Fontiñas.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies