займ срочно

O Santiago Futsal cae, unha vez máis, contra o Jaén Paraíso Interior

0

Compostela, 25 de novembro do 2017 – O Santiago Futsal colleita outra derrota pese aos esforzos ante o Jaén Paraiso Interior no pavillón de Santa Isabel que sustituiu ao Multiusos.

A mala sorte mantense sobre o club santiagués. Jaén Paraíso Interior abriu o marcador cun tanto de Mauricio aos dous minutos; saída de presión xienense e definición certeira no man a man ante Víctor López. Carlitos foi o autor do segundo tanto amarelo só dous minutos despois, recollendo un balón cedido por Bingyoba dentro da área e que o gaditano converteu no 0-2. E aí comezou outro encontro para o Santiago Futsal.

Máis envorcado ao ataque e con maior movemento de balón, o conxunto local buscou o gol que o achegase a un posible empate. Álex Diz foi o autor do ansiado tanto no minuto 8, culminando un bo saque en longo de Víctor López e pase de Catela que o 20 santiagués rematou ao segundo pau.
Arreones locais e saídas á conta xienenses mantiveron en albas aos seguidores que en tres ocasiones levantáronse dos seus sitios para ver como tres ocasiones locais; a primeira de Álex Verdejo nunha sutil vaselina ante Didac, a segunda de Zequi nun disparo coa dereita desde 5 metros e a terceira de Armando nun saque de falta botado ao bordo da área, estrelaríanse na madeira da portería xienense. O marcador non se moveu antes do descanso.

A segunda parte sería máis do mesmo. Durante 15 minutos o partido tinguiuse dunha única cor: o negro dos locais. Unha tras outras, as acometidas locais quedaban sen premio. Everton foi o cuarto xogador da noite que se atopou co pau, para frustración local e salvación dos visitantes, pois o empate estaba cada vez máis preto. Xa nos últimos tres minutos, un Santiago Futsal que nunca tira a toalla ante ninguén, apostou polo xogo de cinco. Dunha xogada en combinación dos locais en busca do gol, chegou o terceiro gol amarelo. Chinés recolleu o balón na súa propia área e tirou a porta baleira con acerto. O cuarto e quinto; demasiado castigo local, levarían a firma de Chinés e Boyis.

Ficha do encontro: Santiago Futsal: Víctor López, Álex Verdejo, Santi, Álex Diz e Catela -cinco inicial- Hugo Sánchez, Catela, Armando, Antonio Diz, Zequi, Everton e Alex Velasco. Jaén Paraíso Interior: Dídac, Alan Brandi, Chinés, Boyis e Mauricio – Carlitos, V.Montes, Bingyoba, Chinés, Campoy e Wendell.

Incidencias: Partido correspondente á 12ª xornada de Liga celebrado no Municipal de Santa Isabel cunha asistencia aproximada de 750 persoas.

Árbitros: Galo Suárez e Velasco Martínez. Amoestaron con cartón amarelo a Antonio Diz , Zequi, Santi por Santiago Futsal; e a Carlitos, Boyis e Chinés por Jaén Paraíso Interior. Goles: 0-1 min.2 Mauricio; 0-2 min.4 Carlitos; 1-2 min.8 *Álex Diz; 1-3 min.37 Chinés; 1-4 min.38 Chinés, 1-5 min.39 Boyis.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies