Santiago Futsal, 15 anos en primeira merecen un logo conmemorativo

0

Compostela, 11 de setembro do 2017 – O Santiago Futsal cumpre quince anos na Primeira División do fútbol sala español e para celebralo presenta un logo conmemorativo.

Década e media pasou xa desde aquela temporada 2002-2003 na que logrou o segundo posto na División de Prata, un posto que lle permitiu ascender á División de Honra tras derrotar ao gran favorito, o Benicarló FS na primeira eliminatoria, e ao Levitt Las Rozas no encontro final, ao que superou nos penaltis, datas que se lembran agora con este logo conmemorativo

Quince anos nos que o club viviu momentos históricos e que pasarán aos Anais da historia do fútbol sala internacional: primeira clasificación do club para a Copa de España na temporada 2003-2004, Campión da XVII Copa de España no curso 2005-2006, Campión da Recopa de Europa na 2006-2007 ou a Supercopa de España no 2010-2011, son algúns dos moitos éxitos do club santiagués nestes quince anos de historia na elite. O último deles, e poida que un dos máis duros que vivise o club nestes anos, tivo lugar o 18 de Decembro de 2015 cando, envolvido nunha situación económica adversa e que podía derivar na desaparición total do club, ao finalizar o encontro ante Xaén Paraíso Interior o club anunciou que podería continuar na elite do fútbol sala español.

Agora toca celebrar todos os acontecementos que fixeron deste club un histórico da nosa Liga que cumpre 15 anos consecutivos en Primeira, só por detrás de Movistar Inter, El Pozo Murcia e CA Osasuna Magna. O club realizará diversas accións de promoción durante toda a temporada para conmemorar estes quince anos. A primeira delas será un logo conmemorativo que se acaba de presentar, a segunda que o primeiro partido da temporada no Multiusos Fontes do Sar o vindeiro venres 22 de Decembro, no que o Santiago Futsal recibe a Movistar Inter, non séra ‘Día do Club’. Os abonados accederán de balde ao encontro ensinando o seu carné na porta de acceso.

O prezo das entradas para non abonados serán os seguintes: 20€ adulto, 10€ xuvenil (14-17 anos) e 2€ infantil (4-13 anos). As entradas estarán á venda desde o martes día 12 de Setembro.

Para este primeiro encontro da temporada na casa, o club realizará outro acto promocional destinado a todos os seus abonados polo que cada abonado poderá retirar unha entrada para o encontro ante Movistar Inter cun prezo de 10€. Esta promoción para abonados realizarase nas oficinas do club desde o vindeiro martes día 12 ata o venres 21 (día do encontro) ata as 14h. O día do encontro dita promoción NON se realizará no despacho de billetes do pavillón.

As oficinas do Santiago Futsal estarán abertas en horario de mañá e tarde desde o martes 12 ata o xoves día 21, de 10h-14h e 16.30h-19.30h para retirada de abonos e compra de entradas.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies