Santiago Futsal organiza dous campus específicos para o mes de Xuño

0

Compostela, 25 de maio do 2018 – Coa finalización do curso lectivo e a chegada do verán, o club Santiago  Futsal organiza dous campus específicos para gozar do fútbol sala antes das vacacións de verán. Nesta ocasión, e con motivo da alta demanda de prazas en anteriores Campus organizados polo club da capital de Galicia, celebraranse dous Campus específicos por idades e categorías.

O I Campus de Tecnificación celebrarase a semana do 18 ao 22 de Xuño en horario de tarde e está dirixido a xogadores nados entre os anos 2009 e 2002; é dicir, categorías  Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete. En devandito campus realizaranse adestramentos cualificados para o desenvolvemento individual, traballo particular supervisado por monitores; así como sesións de traballo de porteiros en grupos reducidos dirixido polos propios adestradores de porteiros do Santiago  Futsal. O prezo da inscrición é de 60€ para xogadores do club e 90€ para o resto de participantes. Prazas limitadas a 30 participantes.

A última semana do mes de Xuño, entre os días 25 e 29, terá lugar o Campus de Iniciación e Formación que citará aos xogadores nados entre os anos 2017 e 2006; é dicir, categorías Psicomotricidade, Prebenxamín, Benxamín e Alevín. Este celebrarase en horario de mañá e as actividades variarán entre adestramentos específicos de fútbol sala, actividades ao aire libre, clases de inglés, sesións de vídeo, etc. O prezo da inscrición é de 60€ para xogadores do club e 80€ para o resto de participantes. Prazas limitadas a 40 participantes.

Nos dous campus, a inscrición inclúe un balón de agasallo para cada un dos participantes.

As inscricións podes realizarse nas oficinas do club Santiago  Futsal ou no número de teléfono 981 11 50 38 en horario de 10h a 14h. A data límite para apuntarse ao Campus de Tecnificación será o xoves 14 de Xuño, mentres que para o de Iniciación e Formación será o xoves 21 de Xuño.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies