O Noia Portus Apostoli gaña con autoridade e o Santiago Futsal perde no último momento

0

Bisbarra, 15 de outubro do 2018 – Sorte desigual para os equipos galegos na segunda división nacional do futsal, mentres que o Noia gañaba por un contundente 5 a 0 O Santiago caía 3 a 4 a seis segundo do final.

O Noia gaña en Elxe

Necesitado de vitorias chegaba o Noia Portus Apostoli a Elxe e acabou gozando do futsal. Cinco a cero foi o resultado final dun encontro no que aos poucos o Noia foise facendo co partido. Juan Puertas,  Christian  Chaox2,  Xuxa, Jorge Belo foron os goleadores da xornada. O equipo mantivo a intensidade durante os 40 minutos e acabou a primeira parte cun solitario gol no marcador que, de todos xeitos, os poñía por diante. No comezo da segunda parte Xuxa pon o segundo no marcador e encamiña a vitoria. O Noia seguiu dominando e acabou por conseguir por medio de Christian o terceiro o que levaba ao Elxe a buscar solucións con porteiro xogador. No minuto 34 anúlaselle un gol aos locais pero o Futsal, incluso cun home menos por dobre amarela de David Palmas, era quen de marcar dous tantos máis e rematar o encontro co xa mencionado 5 a 0.

O Noia atópase tras esta xornada no posto 14, o primeiro dos de decenso, cos mesmos puntos que o Gran Canaria no posto 15 pero con dous goles en contra menos.

Ao Santiago Futsal sobráronlle 6 segundos

O Santiago Futsal enfrontouse ao líder da liga sen perderlle a cara nin un só momento e a falta de 6 segundos encaixou un gol que inclinaría a balanza a favor do Betis. Foi un partido intenso por parte de dous conxuntos que arriscaron todo ata o final. O encontro en Santa Isabel estivo marcado pola alternancia de posesión de dous equipos que propuxeron xogos moi diferentes, pero que ningún quería perder. Os  béticos adiantáronse no marcador anotando o 0-1 ao minuto do asubío inicial. Os locais igualarían grazas a un gol de Alberto no 3, e mesmo mandarían no luminoso tras o tanto de  Zequi no 10′. Antes do descanso, os sevillanos equilibraron a contenda co 2-2. No 23′ chegou 2-3 nunha xogada de infortunio local pero dez minutos máis tarde Santi equilibrou a balanza 3-3. A falta de 6 segundos para o final Víctor López rompeu o partido co cuarto tanto visitante que serviu para que os  béticos levasen os 3 puntos de Compostela.

O Santiago Futsal quédase na oitava posición da táboa con 6 puntos, empatado con catro equipos que o seguen por detrás, e a dous do Córdoba no posto sete.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial