O Santiago Futsal Recicla co Concello de Santiago de Compostela

0

Compostela, 13 de setembro do 2017 – Onte presentouse a campaña Santiago Futsal recicla, de concienciación social e medioambiente, que o equipo  desenvolverá esta tempada en colaboración co Concello de Santiago de Compostela.

Santiago Futsal Recicla é unha innovadora campaña que  contará co apoio da Concellería de Medio Ambiente e de Deportes de Santiago de Compostela. O Concelleiro de Medio Ambiente da cidade compostelá, Xan Duro, explicaba que “O Santiago Futsal cumprirá 15 anos na elite e esta campaña é un acontecemento perfecto para celebralo. Agradecemos ao Santiago Futsal o compromiso co medioambiente e co traballo que fan nesta cidade da que son un símbolo”. Noa Morais, Concelleira de Deportes, comentou “É unha honra contar con esta campaña de concienciación co medioambiente. Grazas ao Santiago Futsal pola súa implicación con esta cidade. Resulta máis gratificante poder contar con eles para levar a cabo esta campaña”.

O presidente do Santiago Futsal, Ramón García Seara, presento esta campaña “innovadora e nunca vista non fútbol sala nacional” e agradeceu “ao Concello de Santiago de Compostela por brindarnos o seu apoio nesta campaña na que se unen deporte e concienciación social, e co que queremos visibilizar a reciclaxe a través do noso deporte, o fútbol sala.”

Ramón García comentou as accións que se realizarán na campaña Santiago Futsal Recicla “o primeiro equipo vestirá no seu segundo equipamento para a temporada 2017-18 coas tres cores da reciclaxe básica: azul (papel), amarelo (envases) e verde (vidro). Ademais dos equipamentos ‘colector’ dentro da campaña Santiago Futsal Recicla o club realizará unha serie de accións durante toda a tempada: todos os equipos da base do Santiago Futsal vestirán o ‘equipamento/colector’ como 2ª equipamento de xogo; día da reciclaxe (coincidindo cun partido en casa do Santiago Futsal); xogos do descanso nos partidos do primeiro equipo no Multiusos Fontes do Sar; reparto de cartaces Santiago Futsal recicla en 200 partidos; etc.”

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies