займ срочно

O Santiago Futsal remata a tempada co subcampionato da Copa Galicia

0

Compostela, 2 de maio do 2018 – O Santiago Futsal rematou unha triste tempada conseguindo o subcampionato da Copa Galicia, o trofeo que gañara nas dúas últimas edicións.

Aínda que o segundo posto da Copa Galicia non é doado de acadar ten un sabor agridoce para o Santiago Futsal despois de conseguir ser o gañador no 2016 e no 2017. O encontro disputado ante o Peixes Rubén Burela quedou case decidido na primeira parte con catro tantos dos da Mariña aínda que o Futsal loitou ata o último segundo do partido chegando ata o 4-3 final.

Armando anotou o primeiro tanto da final aos 4 minutos, e outra vez nesta Final  Four, tras saque de esquina e remate dentro da área. A euforia branca apenas duraría dous minutos, pois un tiro afastado de  Hélder puxo a igualada na Malata. Renato tomou a testemuña do 7 laranxa só dous minutos despois, e cun chute desde a exterior da área adiantou aos seus por primeira vez na final. Volveu ver porta Renato no 10′ para aumentar a conta dos da Mariña e complicar, e moito, a final para a escuadra branca. Co 3-1 favorable para os intereses de Peixes Rubén Burela, estes non deixaron de tentalo, mesmo con porteiro-xogador. Os de Santiago, tentando sacudirse da posesión laranxa, chegaron con perigo en accións de Hugo Sánchez e  Catela, que Edu despexaba á esquina para salvar aos seus. No 17′ chegou o duro pau que supuxo o cuarto tanto dos de Juanma  Marrube, firma de  Hélder.

Sen nada que perder, saíron os de Santiago con xogo de cinco desde os primeiros instantes do segundo acto. Unha tras outras, sucedéronse as accións ofensivas do Santiago  Futsal. Álex  Verdejo logrou ver porta no 25′ cun disparo potente desde a esquerda, desde 15 metros, imparable para o meta laranxa Edu. Co 4-2 os de Santiago deron un paso máis no partido e confiaron na remontada. Sucedéronse as ocasións con boas combinacións en xogo de cinco, que remataban Álex  Verdejo desde 15 metros, Armando e Antonio Diz ao segundo pau e mesmo  Catela con disparo rasos axustados á esquerda. Pero en todas elas atoparon ao meta Edu como o seu peor inimigo.  Pope salvou coa cabeza o remate en boca de gol de Armando e outro xogador laranxa despexou na mesma liña de gol, o tanto santiagués. Sucedíanse os segundos na Malata e o gol que puxese o partido de fronte para a escuadra branca non chegaba. E cando chegou xa era tarde. Antonio Diz puxo o 4-3 con 10 segundos de marxe. Na última xogada puido chegar o gol: saque de  Iago Barro en longo, o balón peitéao o xusto coa cabeza o xogador lucense, e esférico marchouse rozando o pau e final do partido.

A  XXVII Copa de Galicia, primeira disputada en eliminatoria Final  Four, levoulla o conxunto lucense Peixes Rubén Burela.

Ficha do partido

Pescados Rubén Burela: Edu, Chus,  Pope, Cora e Renato -cinco inicial-  Matamoros, Víctor,  Hélder,  Colacha e  Héctor.

Santiago  Futsal:  Iago Barro, Álex  Verdejo, Santi,  Catela e  Med -cinco inicial- Armando, Alex Velasco, Isma, Alex Diz, Hugo Sánchez e Antonio Diz.

Incidencias: Partido correspondente á final da Copa de Galicia celebrado no Pavillón da Malata cunha asistencia aproximada de 500 persoas.

Árbitros: Martínez Torres e Cid  Bragado. Amoestaron con cartón amarelo a  Matamoros e  Hélder por parte do Peixes Rubén Burela; e a *Álex  Verdejo por parte do Santiago  Futsal.

Goles: 0-1  min.4 Armando; 1-1  min.6  Helder; 2-1  min.8 Renato; 3-1  min.10 Renato; 4-1  min.17  Hélder; 4-2  min.25 Alex  Verdejo; 4-3  min.39 Antonio Diz.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies