займ срочно

O Santiago  Futsal recibe reforzos de Tailandia

0

Compostela, 14 de febreiro do 2018 – O traballo realizado en Asia polo Santiago Futsal coas escolas deportivas da os primeiros froitos coa incorporación de dous xogadores de Tailandia.   

Despois de instalar a primeira escola en Xapón hai 3 anos abriuse a delegación de Tailandia de cuxo éxito da mostra que dous dos xogadores con máis proxección da potente selección de fútbol sala de ese país desprazaranse a España para traballar baixo as ordes do míster Santi Valladares durante un período de dous meses.

O pivote  Muhammad Osamanmusa e o peche Ronnachai Jungwongsuk serán os dous xogadores que recalen no Santiago  Futsal. Muhammad, de 20 anos; procede do club Bangkok BTS; e Ronnachai de 21, forma parte do Chomburi  Bluewave. Ambos son integrantes da Selección de Tailandia que dirixe o ex adestrador do club galego José María Pazos ‘Pulpis’, quen se encargará da adaptación dos xogadores en Santiago de Compostela.

Ademais, o club galego tramitou a licenza do pivote Muhammad Osamanmusa, polo que poderá ser convocado por Santi Valladares se o técnico estímao oportuno.

A presentación do acordo realizarase a vindeira semana en Tailandia, onde se desprazará o director xeral do Santiago  Futsal Miguel Fernández para reforzar o acordo de colaboración entre a federación tailandesa e o Santiago  Futsal e que permite a chegada destes dous xogadores.

Muhammad e Ronnachai súmanse á lista de xogadores internacionais que traballaron no Santiago  Futsal, como xa o fixo en 2011  Shupawut; pivot do  Chomburi  Bluewave.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies