O Santiago Futsal consegue un empate, ante o Zaragoza, que sabe a pouco

0

Compostela, 12 de novembro do 2017 –  A 10ª xornada de LNFS enfrontaba a Santiago Futsal e Zaragoza  necesitados de puntos para a consecución das súas respectivas aspiracións, e ningún dos dous quería deixalos marchar.

Puxéronse de fronte as cousas para os de Santiago, que aos tres minutos de xogo fixeron o 1-0 cun gol de Armando, quen rozou co talón un balón dentro da área colgado por Hugo tras saque de esquina. As primeiras chegadas mañas foron liquidadas por Víctor sen complicacións, con todo no 6′ chegaría a igualada por medio de Retamar.

A igualada apenas duraría 20 segundo pois, despois do saque de medio, Álex Diz materializou o segundo aproveitando un balón rexeitado do meta visitante tras disparo de Catela. Ao segundo tanto santiagués, sumouse o de Santi só un minuto despois. O canteirán non fallou á súa habitual cita co gol nos últimos encontros, e finalizou unha xogada iniciada na súa propia pista tras unha recuperación defensiva.

No 8′, Catela sumouse á festa do gol. Outra boa xogada en saída á contra e o gaditano introduce o balón ao segundo pau. 4-1 e, o que parecía un partido encarrilado, converteuse nunha arma de dobre fío.

Antes do descanso Víctor Tejel puxo o 4-2, nunha boa contra dos seus, resultado co que se chegaría ao descanso. A xogada controvertida do encontro viviuse a falta de catro minutos para o descanso: cun Ríos Renovables con 5 faltas no seu contador, os árbitros conceden lei da vantaxe nunha acción sobre Catela que non se pita, nin se acumula, e que queda en nada…

No segundo acto, as primeiras intervencións de Álex Diz e Catela levantaron aos seguidores santiagueses dos seus asentos, pero ningunha delas logrou rematar en gol. O que se chegaría o terceiro tanto maño, firma de Óscar Villanueva no 27.

Exercicio de máxima intensidade defensiva o que despregou o Santiago Futsal, evitando que as recuperacións visitantes finalizasen en gol; debido a que as súas continuas ocasións en meta contraria eran repelidas, unhas e outra vez, por Iván Bernad. No 34′ chegou o empate. Óscar Villanueva.

E os tres últimos minutos foron de infarto. Porteiro xogador santiagués e gol de Antonio Diz na primeira posesión. Porteiro xogador en Ríos Renovables Zaragoza e gol de Adri Ortego. E así se chegaría ao minuto final, e tres puntos que se escaparían da ‘Casa Branca’. Repartición de puntos que non contenta nin a uns nin a outros.

Sala de prensa

Santi Valladares analizou o encontro tras a súa conclusión do que dixo “Foi un partido que se nos puxo de fronte na primeira parte ante un equipo veterano, como é Ríos Renovables Zaragoza; que a base de traballo foise sumando ao partido. Se nós anotásemos as tres ou catros ocasiones claras que tivemos na primeira parte, non pasariamos apuros na segunda. O resultado é o que é, nin xusto nin inxusto”.

Ficha do encontro:

Santiago Futsal 5: Víctor López, Álex Verdejo, Santi, Álex Diz e Catela -cinco inicial- Everton, Hugo Sánchez, Armando, Álex Velasco, Antonio Diz e David Palmas.

Ríos Renovables Zaragoza 5: Iván Bernad, Víctor Tejel, Óscar Villanueva, Thiago e Adri Ortego -cinco inicial- Retamar, Thiago Cabeça, Richi Felipe, Anás e Iván Beltrán.

Incidencias: Partido correspondente á 10ª xornada de Liga Nacional de Fútbol sala celebrado no Multiusos Fontes do Sar cunha asistencias aproximada de 800 persoas.

Árbitros: Blas Alonso e Sánchez-Molina Tapiador. Amoestaron con cartón amarelo a Catela polo Santiago Futsal; e a Víctor Tejel e a Retamar por Ríos Renovables Zaragoza.

Goles: 1-0 min. 3 Armando; 1-1 min.6 Retamar; 2-1 min.6 Álex Diz; 3-1 min.7 Santi; 4-1 min.8 Catela; 4-2 min.9 Víctor Tejel; 4-3 min.27 Óscar Villanueva; 4-4 min.34 Óscar Villanueva; 5-4 min.38 Antonio Diz; 5-5 min.39 Adri Ortego

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies