займ срочно

Santiago, recibe o premio Cidade Sostible na categoría de xestión de residuos polo proxecto Tropa Verde.

0

Compostela, 19 de xaneiro do 2018 –  Xan Duro, como concelleiro de medio ambiente, recibiu na sede Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, en Madrid, o galardón outorgado pola Fundación Fórum Ambiental coa colaboración de Ecoembes, e o propio ministerio, como cidade sostible na categoría de xestión de residuos.

Os premios Ciudad Sostenible teñen como obxectivo recoñecer aos municipios e entes locais supramunicipais do Estado que aposten por proxectos e actuacións dirixidas a potenciar a sustentabilidade. O Concello de Santiago recibe a distinción na categoría de xestión de residuos polo proxecto Tropa Verde SCQ, unha plataforma que fomenta a reciclaxe e a responsabilidade ambiental premiando de forma directa as boas prácticas da cidadanía e contribuíndo á redución de residuos.

Na plataforma Tropa Verde están rexistrados máis de 2.000 cidadáns e conseguiuse a patrocinio de 115 establecementos do comercio e da hostalería compostelá. Outros datos que falan do éxito do programa son que, en menos dun ano, repartíronse 4.700 cheques e ofertáronse 1.500 recompensas por un valor de 12.000 euros.

O acto de entrega do premio estivo presidido pola ministra de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, e contou tamén coa presenza do presidente da Fundación Fórum Ambiental, Ramón Roca; e o director xeral de Ecoembes, Óscar Martín.

Outros galardóns

Non é o primeiro premio que recibe esta iniciativa ambiental. En decembro do 2016 tamén fio a gañadora do “Premio R de Ecoembes” na categoría de mellor campaña de sensibilización das administracións públicas. Tamén no 2016 recibiu un dos premios APROEMA Medio Ambiente 2016 e en 2017 foi recoñecido en Tallín como “Boa Práctica” en Desenvolvemento Urbano Sustentable no marco do festival do programa europeo URBACT

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies